Colaboración cidadá

Formas de colaboración ou participación dos cidadáns

  • Prestando axuda material ou persoal cando sexa necesario ou lles sexa requirido.
  • Mediante as comunicacións que dirixan e as informacións que participen á Garda Civil relacionadas coa seguridade cidadá.
  • Mediante a formulación de queixas e suxestións, conforme ao previsto nesta Carta.
  • A través das Xuntas de Seguridade constituídas.
  • Mediante a participación en Consellos, Mesas, Seminarios ou Foros de debate.
  • Mediante a expresión das súas opinións nas enquisas que se realicen.
  • A través das actividades sociais que favorezan a integración e a convivencia.

Se desexa colaborar de forma anómina coa Guardia Civil pode utilizar tamén un formulario para comunicar calquera tipo de información que considere de interese para a súa seguridade.

 Formulario anómino de colaboración coa Guardia Civil


Correo electrónico de colaboración ciudadá

sugerencias@guardiacivil.org


 

Dende esta páxina, a través do menú de navegación esquerdo, pode colaborar coa Guardia Civil na localización de:

Buscados pola xustiza

Fotografías de persoas que se encontran fuxidas da xustiza pola comisión de diferentes delitos (terrorismo, delincuencia común). Dende esta sección ofrécese a posibilidade de comunicar calquera dato sobre estas.

Desaparecidos

Fotografías de persoas que se encontran desaparecidas. Ofrécese a posibilidade de filtrar a busca da persoa por un termo, ou a través da localidade de residencia.

Obras de artes sustraídas

Selección de fotografías dos obxectos artísticos roubados que non foron recuperados. Ofrécese a posibilidade de colaborar para localizalos, a través dun filtro de busca por frase ou termo.

Terrorismo

Dende esta sección poderá consultar temas relacionados co terrorismo divididos en catro apartados diferentes: Decálogo, as democracias fronte ao terrorismo, recensión histórica e axuda ás vítimas.