Apoio á acción exterior

 

A Garda Civil materializa o seu apoio ao Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación dende tres vertentes:

  • Seguridade das delegacións.
  • Conselleiros e agregados de Interior.
  • Apoio a proxectos da AECID.

Aquelas delegacións que presentan un maior risco de seguridade contan con apoio do Ministerio do Interior. Por este motivo, nun número importante de delegacións, existen destacamentos da Garda Civil para o reforzo da seguridade e asesoramento do titular da Embaixada neste ámbito. Este destacamento tamén é responsable dos plans de emerxencia da delegación e de apoio á posible evacuación de cidadáns españois en casos de crise ou catástrofe.

Naqueles países nos que se considera necesario hai destacados Conselleiros ou Agregados de Interior para o apoio ao titular da Embaixada en materias relacionadas con este ámbito. Os agregados ou conselleiros son membros das forzas e corpos de seguridade do Estado, estando presentes nas embaixadas tanto membros do Corpo Nacional de Policía como da Garda Civil. Estes postos axudan a manter unha máis estreita colaboración cos corpos policiais dos países nos que se encontran destacados.

A Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento realiza numerosos proxectos de apoio a distintos países. En varios destes proxectos a Garda Civil participa activamente, entendendo que o primeiro paso para o desenvolvemento é garantir un mínimo de seguridade para os habitantes dunha zona ou país.