xestión de crise

 

Unha crise pódese definir como calquera situación (non necesariamente bélica), coxuntural e prexudicial, de alteración significativa da normalidade da vida cotiá dunha determinada poboación, cuxa resolución non é posible sen a utilización de medidas, medios ou procedementos extraordinarios.
Enténdese por “xestión de crise” un sistema integrado por obxectivos políticos, estratéxicos, civís e militares, así como de accións e medidas, tendentes a eliminar a ameaza existente, mediante a paz, a protección da poboación ou o desenvolvemento institucional da sociedade. As operacións de xestión de crise son unicamente unha das modalidades coas que se pode previr ou resolver unha crise, adicionais á negociación, ás sancións etc.

Misiones internacionales

 

A Unión Europea identifica seis sectores prioritarios na xestión de crise:
  • Policía.
  • Estado de Dereito.
  • Administración civil.
  • Protección civil.
  •  Misións de observación.
  • Apoio aos representantes especiais da UE.
A Garda Civil dispón dunha compañía de Acción Exterior, CRAEX, con sede en Sevilla e dotada dos medios humanos e materiais necesarios e apropiadamente preparada para o seu envío urxente a aqueles escenarios en crise onde se necesiten.
En segundo lugar, resáltase o compromiso adquirido inicialmente por 5 países europeos que dispoñen de forzas de policía con estatuto militar (Francia, España, Italia, Holanda e Portugal) para a creación da XENDARMERÍA EUROPEA, que se sitúa en Vicenza (Italia). A dita Xendarmería dotaríase dunha forza de 3 000 homes para o seu emprego en escenarios de dificultade e/ou conflito.
O obxectivo desta forza é levar a cabo misións policiais no ámbito das operacións de xestión de crise no exterior, e facilitar, entre outros aspectos, o traspaso de competencias ás autoridades civís, todo iso co fin de contribuír ao desenvolvemento da Política Europea de Seguridade e Defensa.

Pola súa dobre natureza, militar e policial, a Forza de Xendarmería Europea pode levar a cabo todo tipo de misións durante as operacións de xestión de crise, e participa na fase militar dunha crise, actúa na transición entre unha operación militar e unha civil e participa en misións de prevención.

Grupos Rurales de Seguiridad EUROGENDFOR

A Forza de Xendarmería Europea está en primeiro lugar ao servizo da Unión Europea, pero tamén pode ser posta ao servizo doutras organizacións internacionais, como a ONU, a OTAN ou a OSCE. O modelo que hai que seguir para a creación desta foza é similar a outros xa existentes en Europa como poden ser EUROFOR, EUROMARFOR ou o Corpo de Exército Europeo (EUROCORPO).
A participación da Garda Civil en misións de xestión de crise é moi numerosa debido a que o carácter militar do corpo, combinado coa súa función policial, fai desta institución un elemento idóneo para participar en todo tipo de misións, sexan estas de carácter militar ou civil.
A Garda Civil mantén permanentemente no exterior, neste tipo de misións, unha media de 300 homes e mulleres. Ata 2010 máis de 5 000 gardas civís participaron nelas.
As misións enmárcanse fundamentalmente na cooperación coa UE, Nacións Unidas e OTAN. Estas poden ser tanto de carácter civil, asistindo como policías ou asesores en materia de seguridade naqueles países que tras unha crise ou conflito necesitan formar as súas estruturas de seguridade, como de carácter militar, como policía militar ou formadores de policías militares.
O primeiro paso para o desenvolvemento dun país que saíu dun conflito ou crise de calquera índole, incluídos os afectados por desastres naturais, é garantir a paz e a seguridade interior. Con esta garantía, a actividade normal do país, comercio, educación etc., pode retomarse e volver pouco a pouco á normalidade. Polo contrario se no país se instala a pillaxe e a anarquía, o máis probable é que sucedan episodios violentos que lles dean marcha atrás aos avances alcanzados.
Conscientes desta situación, a Garda Civil participa activamente nestas misións fundamentalmente realizando tres tarefas:
  • Policía militar: este labor desenvólveo normalmente dentro de continxentes das FAS, apoia a seguridade das bases, a súa orde interna, actúa como policía xudicial e fiscal e controla a entrada e saída de mercadorías.
  • Policía en sentido estrito: en países desestruturados, a Garda Civil participou e participa exercendo de forza policial multinacional. Estas tarefas simultanéanse con labores de formación, de tal maneira que pouco a pouco a policía do país se poida ir facendo cargo da seguridade.

Formación e asesoramento: son quizais os máis comúns dos labores realizadas. Inícianse en centros de formación e continúanse monitorizando a acción da policía na rúa. Estas misións garanten que os coñecementos impartidos en centros de ensino se poñan en práctica, ensinando mediante o exemplo e a titoría e consegue que as novas forzas de seguridade interioricen comportamentos de acordo cos dereitos humanos e as boas prácticas dos códigos deontolóxicos policiais. 


null