Cooperación Internacional

Misiones internacionalesO mundo global no que vivimos implica que cada día sexa máis importante a acción exterior do Estado. No ámbito do Ministerio do Interior, esta acción exterior vese reflectida fundamentalmente en tres ámbitos:

    • Cooperación con outras policías ou organismos internacionais.
    • Soporte á acción do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación (MAEC).
    • Participación en operacións de xestión de crise.

 

A Garda Civil posúe unhas características e capacidades que a fan idónea para asumir estas responsabilidades. O seu carácter policial, a preparación dos seus membros e o convencemento de que a seguridade interior dun país empeza máis alá das súas fronteiras, fan que cada vez sexa máis numerosa a presenza de gardas civís fóra do noso territorio.

Esta presenza ten o seu reflexo na participación permanente de membros do Corpo en organismos internacionais onde se toman decisións, tanto a nivel europeo coma no ámbito de Nacións Unidas, se definen iniciativas ou se deseñan estratexias no ámbito da seguridade.

Tamén é frecuente encontrarse gardas civís cooperando cóbado con cóbado con outras forzas policiais en operacións contra o terrorismo, a inmigración irregular ou o crime organizado.

No ámbito do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, a Garda Civil apoia a acción do Estado reforzando a seguridade de embaixadas en países de alto risco, destacando conselleiros e agregados de interior como apoio ás Embaixadas, ao tempo que facilitan a cooperación policial. Tamén se levan a cabo accións en apoio de iniciativas da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (en diante AECID).

Por último, o seu dobre carácter policial e militar, fai do Corpo da Garda Civil unha ferramenta idónea para ser despregada fóra das nosas fronteiras en apoio a misións de xestión de crise, tanto con carácter militar como civil, ou humanitarias, onde se reflicte unha vez máis a súa vocación benemérita da que nos sentimos orgullosos todos os que formamos parte deste Corpo.

 

 


null