A montaña

Nesta sección poderá obter información dos gardas civís adestrados de forma específica para actuar en zonas de montaña e outros lugares de difícil acceso. En concreto sobre a creación e antecedentes, a misión xeral e os labores fundamentais, a organización e estrutura, así como o despregamento territorial do Servizo de Montaña da Garda Civil.

Servizo de Rescate e Intervención en Montaña

Historia

Funciones de la Guardia Civil, En la montañaO aumento das actividades ao aire libre durante a década de 1960 trouxo consigo a nova necesidade de rescatar persoas accidentadas ou extraviadas en áreas de montaña.

Por entón, os avisos de accidente eran recibidos en primeiro lugar polos postos da Garda Civil, que os atendían cos medios ao seu alcance.

En 1967 créanse as Unidades de Esquiadores - Escaladores, encargadas tanto do rescate en montaña coma da vixilancia dos pasos fronteirizos nos Pireneos. En 1981 reorganízase o Servizo creándose os actuais Grupos de Rescate Especial de Intervención en Montaña (GREIM).

Ao longo dos anos, o Servizo de Montaña foise adaptando ás novas necesidades. Na década de 1980 comezou nalgunhas zonas do Pireneo unha intensa actividade de barranquismo que requiriu a correspondente evolución dos especialistas de montaña. A principios da década de 1990 a súa actividade estendeuse a cavidades subterráneas e á espeleoloxía. Estes gardas civís tamén se especializaron no rescate no medio acuático. Debido á dificultade orográfica das zonas de actuación, as accións de rescate realízanse frecuentemente en colaboración co Servizo Aéreo da Garda Civil.

Misión

O Servizo de Montaña ten a misión de exercer as funcións encomendadas á Garda Civil nas zonas de montaña e de difícil acceso.

Concretamente:

  • Rescate de persoas.
  • Investigación de accidentes.
  • Conservación da Naturaleza.
  • Seguridade cidadá en instalacións deportivas de montaña, estacións de esquí e competicións deportivas.
  • Colaboración na prevención de accidentes e promoción da seguridade en montaña.

Organización y estructura

Órgano Central

O Órgano Central, con sede en Xaca (Huesca), está composto por:

  • Unidad Especial de Montaña.

Ten como misión o apoio a outras Unidades de montaña, así como a investigación e experimentación de novas técnicas e procedementos de actuación e de material, vestiario e equipo.

  • Centro de Adestramientos Específicos de Montaña (CAEM.)

Responsable da formación do personal de montaña da Garda Civil.

Ademais, o Órgano Central conta cun Equipo de Competición de Fondo - Biatlón e un Equipo de Esquí - Alpinismo.

Organización periférica

As Unidades de montaña son as Sección, Grupos e Equipos.

Estas Unidades agrúpanse en Áreas cuxo ámbito territorial corresponde a un ou varios macizos montañosos.

Despregamento Territorial

Funciones de la Guardia Civil, En la montañaO despregamento das Unidades de montaña da Garda Civil é o seguinte.

Área de Xaca

Sección de Rescate e Intervención en Montaña (SEREIM) de Xaca, Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) de Boltaña, Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) de Pamplona, Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) de Benasque, Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) de Roncal, Equipo de Rescate e Intervención en Montaña (EREIM) de Panticosa, Equipo de Rescate e Intervención en Montaña (EREIM) de Huesca, Equipo de Rescate e Intervención en Montaña (EREIM) de Tarazona, Equipo de Rescate e Intervención en Montaña (EREIM) de Rubielos.

Área de Cangas de Onís

Sección de Rescate e Intervención en Montaña (SEREIM) de Cangas de Onís, Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) de Mieres, Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) de Sabero, Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) de Potes, Equipo de Rescate e Intervención en Montaña (EREIM) de Trives.

Área de Granada.

Sección de Rescate e Intervención en Montaña (SEREIM) de Granada, Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) de Palma de Mallorca, Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) de Tenerife, Equipo de Rescate e Intervención en Montaña (EREIM) de Onteniente, Equipo de Rescate e Intervención en Montaña (EREIM) de Álora.

Área de Navacerrada.

Sección de Rescate e Intervención en Montaña (SEREIM) de Navacerrada, Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) de Barco de Ávila, Equipo de Rescate e Intervención en Montaña (EREIM) de Riaza, Equipo de Rescate e Intervención en Montaña (EREIM) de Arenas de San Pedro, Equipo de Rescate e Intervención en Montaña (EREIM) de Ezcaray.

Área de Viella

Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) de Viella, Equipo de Rescate e Intervención de Montaña (EREIM) de Puigcerdá.


null