Servizo Fiscal, Costas e Fronteras

Nesta sección poderá obter información sobre os gardas civís que garanten a seguridade das nosas costas e fronteiras e contribúen a previr o contrabando e outros tráficos ilícitos. En concreto sobre a creación e antecedentes, a misión xeral e os labores fundamentais, a organización e estrutura, así como o despregamento territorial do Servizo de Costas e de Fronteiras, e do Servizo Fiscal.


 

Servizo de Costas e Fronteras

Historia

Funciones de la Guardia Civil, Integridad territorialA loita contra o contrabando viña sendo desempeñada polo Real Corpo de Carabineiros de Costas e Fronteiras, creado en 1829, e máis tarde denominado Carabineiros de Facenda, ata a súa integración na Garda Civil en 1940. A partir desta data as súas competencias foron asumidas plenamente pola Benemérita.

A incorporación de España á Unión Europea e ao Espazo Schengen, supuxo a supresión das fronteiras interiores da Unión e o reforzamento das exteriores, e representou un fito na misión do Servizo de Costas e Fronteiras da Garda Civil.

Neste sentido, a Orde Ministerial de Presidencia do Goberno do 29 de outubro de 2001, crea a Xefatura Fiscal e de Fronteiras ante a necesidade de contar cun órgano coordinador dos diferentes Servizos da Garda Civil encargados de combater o narcotráfico, o contrabando, a fraude do IVE e a inmigración irregular. Encadrado nesta Xefatura créase, pola mesma Orde, o Servizo de Costas e Fronteiras.

Misión

As unidades de vixilancia de Costas e Fronteiras constitúen a primeira liña de defensa fronte ao tráfico de drogas e mercadorías ilícitas, o contrabando, e as redes internacionais de tráfico de persoas e de substancias ilegais. Complementan este despregamento as Unidades de portos e aeroportos.

O órgano central do Servizo de Costas e Fronteiras, que coordina todos estes servizos, constitúe o punto de contacto da Garda Civil cos organismos nacionais e internacionais relacionados cos seus labores.

Organización e estructura

O Servizo de Costas e Fronteiras conta con:

  • Un Órgano Central dependente da Xefatura Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil.
  • Unidades de Seguridade Portuaria:
    • Sección de Seguridade Portuaria do Porto de Barcelona.
    • Destacamentos de Seguridade Portuaria: Ceuta, Melilla, Alxeciras, Tarifa, Almería, Alicante, Málaga, Palma de Mallorca, Valencia, Santander, Vigo e A Coruña.
  • Unidades de Seguridade Aeroportuaria:
    • Compañías de Seguridade dos aeroportos de Madrid e Barcelona.
    • Seccións de Seguridade dos aeroportos de Málaga, Palma de Mallorca e Sevilla.
    • Áreas de Seguridade dos aeroportos de Alicante, Almería, Avilés, Bilbao, A Coruña, Fuerteventura, Xirona, Lanzarote, Las Palmas, Santiago de Compostela, Tenerife Norte, Tenerife Sur, Valencia e Vigo.
    • Destacamentos de Seguridade nos aeroportos de Catro Ventos, Zaragoza, Pamplona, San Sebastián, Valladolid e Vitoria.
    • Destacamento de Seguridade e Fiscal do Aeroporto de Xerez da Fronteira (Cádiz).
    • Unidade de Seguridade do Aeroporto de Reus (Tarragona).

 

Servizo Fiscal

Creación e historia

Funciones de la Guardia Civil, Integridad territorialMediante a Lei do 15 de marzo de 1940, o Corpo de Carabineiros fusionouse co da Garda Civil, asumindo este as funcións de resgardo fiscal do Estado a aquel encomendadas, para o que se creou na Garda Civil unha "Sección de Especialistas".

Esta primeira Sección deu orixe ao Servizo Fiscal, encargado de desempeñar as devanditas funcións, que foi evolucionando na súa estrutura, dependencia e funcionamento para adaptarse á normativa vixente en cada momento.

Actualmente a Lei Orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, no seu artigo 12, establece que a Garda Civil exercerá as competencias relativas ao resgardo fiscal do Estado e as actuacións encamiñadas a evitar e perseguir o contrabando. Esta competencia xenérica da Garda Civil desenvólvese na Orde Ministerial de Presidencia do Goberno do 29 de outubro de 2001, na que o Servizo Fiscal aparece como a Unidade responsable de levar a cabo estas misións.

Por outro lado, a incorporación de España á Comunidade Económica Europea e ao Espacio Schengen leva consigo a supresión das fronteiras interiores e o reforzamento das exteriores e, polo tanto, a necesaria reorganización da estrutura do Servizo Fiscal da Garda Civil, que se levo a cabo no ano 1994.

 

Misión xeral

 

A misión xeral comprende:
  • Previr e perseguir o contrabando, fraudes e demais ilícitos de carácter fiscal, en todo o territorio nacional.
  • Velar polo cumprimento da lexislación vixente na materia e investigar toda clase de infraccións de natureza fiscal. Neste sentido colaborará coas autoridades xudiciais, administrativas e outros organismos competentes.
  • Elaborar a estatística de intervencións realizadas pola Garda Civil, en materia de drogas, fraude e contrabando.
  • Materializar o enlace, cooperación e colaboración operativa en materia fiscal con servizos afíns nacionais e estranxeiros.
 
Cometidos fundamentais:

Nos recintos aduaneiros (portos, aeroportos e fronteiras terrestres exteriores), teñen os cometidos de:
  • Evitar a saída de mercancías que non fosen legalmente despachadas.
  • Impedir a entrada ilegal de calquera clase de mercancías.
  • Calquera outro que, como resgardo fiscal, lle sexa encomendado.
En fronteiras interiores e costas:
  • Controlar a circulación de xéneros e efectos sometidos a requisitos de signo, marca ou documento regulamentario en todo o territorio nacional.
  • vixilancia fiscal en terra das costas, portos deportivos e portos pesqueiros non habilitados como recintos de aduanas.
  • Control da aviación lixeira e deportiva.
  • Calquera outro cometido dos establecidos para o resgardo fiscal terrestre nas vixentes ordenanzas xerais da renda de Aduanas.

Organización e estructura

A Xefatura do Servizo Fiscal estrutúrase funcionalmente nas seguintes áreas:

  • Plana Maior
  • Recintos Aduaneiros
  • Unidades Fiscais Territoriais
  • Coordinación e Ánalise 

Despregamento territorial

 

As unidades periféricas do Servizo Fiscal, a nivel provincial, están integradas nas comandancias da Garda Civil, das cales dependen orgánica e funcionalmente, excepto nos recintos aduaneiros, onde funcionalmente dependen do administrador da aduana. A dependencia técnica é do Órgano Central do Servizo Fiscal.
Especificamente, as unidades periféricas teñen a seguinte denominación:
  • Postos Fiscais: operan nos recintos aduaneiros dos portos, aeroportos e aduanas terrestres. Estas unidades fiscais poderán contar cunha Oficina de Análise e Investigación Fiscal, denominada ODAIFI.

Patrullas Fiscais e de Fronteiras: localizadas polo litoral do territorio nacional e nas fronteiras interiores.                


null