Medio

Desde esta sección poderá obter información sobre os gardas civís especificamente dedicados á conservación da natureza e medio ambiente, dos recursos hidráulicos, da riqueza cinexética, piscícola e forestal. En concreto sobre a creación e antecedentes, a misión xeral e os cometidos fundamentais, a organización e estrutura, así como o despregamento territorial do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA).

Servizo de Protección da Naturaleza (SEPRONA)

Historia

Funciones de la Guardia Civil, En el medio ambiente

A Garda Civil sempre traballou para garantir o cumprimento das normas relativas a caza, pesca e conservación de bosques.
En 1876 mediante a Real orde do 7 de xuño, o corpo asume o desempeño do servizo de seguridade e policía rural e forestal. Esta nova misión comprendía funcións de protección de montes públicos, prevención de incendios, impedir aproveitamentos clandestinos de recursos e outras.
A Lei orgánica 2/1986 de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado encomenda á Garda Civil velar pola conservación da natureza e o medio. En consecuencia, a Orde xeral núm. 72 de 21 de xuño de 1988 crea o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA), como resposta especializada da Garda Civil ao mandato constitucional de garantir o dereito dos cidadáns a gozar dun medio ambiente adecuado así como o deber de conservalo.
Misión
A misión do SEPRONA é velar polo cumprimento das disposicións que tendan á conservación da natureza e ao medio ambiente, dos recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e calquera outra relacionada coa natureza.
Deste modo encárgase da protección do solo, auga e atmosfera, da sanidade animal e da conservación de especies de flora e fauna. O servizo loita ademais contra vertidos e contaminación do medio, o comercio ilegal de especies protexidas, actividades cinexéticas e de pesca irregulares, defensa dos espazos naturais, a prevención, investigación e extinción de incendios.
Organización e estrutura
O Servizo de Protección da Natureza conta no seu Órgano Central coa Unidade Central Operativa Medioambiental (UCOMA), que apoia as unidades territoriais en operacións de especial importancia.
A nivel provincial o servizo conta con:
  • Oficina Técnica:
Coordina e apoia as demais unidades provinciais.
  • Equipos de Protección da Natureza:
Son as unidades encargadas da detección, cuantificación e investigación das agresións ao medio.
  • Patrullas de Protección da Natureza:

Correspóndelles a prevención, vixilancia e denuncia de calquera agresión ao medio.
Constitúen as unidades básicas de protección ambiental, desenvolven a súa función tanto no ámbito rural como urbano, correspóndelles a prevención, vixilancia e denuncia de calquera agresión ao medio.
O despregamento territorial compleméntase cos destacamentos despregados nos parques nacionais, e que na actualidade corresponden cos de: Doñana, Cabañeros, Tablas de Daimiel, Ordesa e Monte Perdido, Sierra Nevada, Garajonay, Timanfaya, Caldera de Taburiente e Monfragüe.


null