Seguridade cidadá

Nesta sección poderá obter información dos gardas civís que prestan servizo en contacto directo cos cidadáns. Trátase do persoal especificamente dedicado aos cometidos de seguridade cidadá. En concreto sobre antecedentes, misión xeral e cometidos fundamentais, organización e estrutura, así como o despregamento territorial das unidades de Seguridade Cidadá.

Unidades de Seguridade Ciudadá

Historia

Funciones de la Guardia Civil, Seguridad CiudadanaDesde a súa creación en 1844 a verdadeira razón de ser da Garda Civil foi velar pola seguridade das persoas e os seus bens. Na actualidade, unha das responsabilidades máis destacadas da Garda Civil é coidar da Seguridade Cidadá seguindo o mandato que a Constitución española lles asigna ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, especificamente á Garda Civil.

Nas unidades territoriais, onde presta o seu servizo o persoal dedicado á Seguridade Cidadá, recae a responsabilidade da prevención, da investigación de gran parte das infraccións penais, e da atención e asistencia próxima ao cidadán.

Misión

A misión das unidades territoriais de Seguridade Cidadá é a de protexer do libre exercicio dos dereitos e liberdades dos cidadáns mediante a prevención e primeira investigación das condutas delituosas, así como o auxilio e atención aos requirimentos da poboación as 24 horas do día, durante todos os días do ano.

Organización e estrutura

As unidades de Seguridade Cidadá específicas son as seguintes:

Compañías

O seu ámbito territorial é unha comarca ou partido xudicial. Engloba os postos territoriais e xeralmente conta con unidades de protección da natureza, Policía Xudicial e Intervención de Armas e Explosivos. A súa misión é coordinar os servizos para garantir a atención permanente aos cidadáns das pequenas e medianas poboacións, en resposta inmediata ás súas necesidades.

Postos territoriais

O seu ámbito de actuación son un ou varios municipios. En función do nivel do seu mando, organización interna e potencial de servizo, clasifícanse en:

  • Principais, para atender localidades con alta demanda de servizos, xeralmente derivada de grandes concentracións urbanas, industriais ou turísticas.
  • Ordinarios, abarcan unha demarcación con demanda de servizos media.
  • Auxiliares, para garantir a proximidade, presenza e contacto co cidadán en zonas xeralmente pouco poboadas.

Unidades de Seguridade Cidadá (USECI)

Son unidades de reserva de ámbito provincial capacitadas para o apoio operativo ás compañías e postos territoriais nas tarefas de prevención, mantemento e restablecemento da seguridade cidadá.

Centros operativos de servizos (COS)

Funciones de la Guardia Civil, Seguridad CiudadanaA nivel provincial despréganse os centros operativos de servizos que coordinan as 24 horas do día os servizos das unidades territoriais da súa demarcación e atenden as demandas dos cidadáns, a través do teléfono 062.

Paulatinamente estanse implantando os centros operativos complexos (COC) que amplían as funcionalidades dos tradicionais COS e cuxo obxecto é mellorar a resposta ás incidencias coa axuda de novas tecnoloxías, como o Sistema Integrado de Radiocomunicacións Dixitais de Emerxencia do Estado (SIRDEE) que permite tempos de resposta e comunicación moito máis áxiles, o sistema de localización xeográfica de vehículos (AVL) por GPS, circuítos pechados de televisión (CCTV) e outros medios técnicos avanzados.


null