Seguridade viaria

Nesta sección poderá obter información dos gardas civís adicados especificamente á seguridade viaria. En concreto sobre a creación e antecedentes, a misión xeral e os labores fundamentais, a organización e estrutura, así como o despregamento territorial das Unidades da Agrupación de Tráfico.

Agrupación de Tráfico

Historia

Funciones de la Guardia Civil, Seguridad VialO 10 de abril de 1845, un ano despois da creación da Garda Civil, o propio Duque de Ahumada, o seu fundador, expresou nunha circular interna a súa preocupación pola vixilancia dos Camiños Reais.

Mediante Decreto do 22 de febreiro de 1929, do Ministerio de Obras Públicas, creouse o Corpo de Vixilantes de Camiños, con misións sobre Circulación, Transporte e Policía de Estradas.

Despois de varios antecedentes normativos, en 1934 promulgouse o primeiro Código da Circulación, que constituíu o texto legal regulador de todo o concernente ao tráfico rodado.

Por Lei do 8 de marzo de 1941 creouse un novo Corpo, denominado Policía Armada e de Tráfico e suprimiuse o Corpo de Vixilantes de Camiños.

Na década de 1950, iníciase en España o "boom" automobilístico e faise necesario dispoñer dunhas forzas especificamente dedicadas á vixilancia da circulación.

A Lei 47/1959 do 30 de xullo, sobre regulación da competencia en materia de tráfico no territorio nacional, atribúe a función de vixilancia de estradas e vías públicas ao Corpo da Garda Civil. Consecuentemente a Dirección Xeral, mediante Orde Xeral n.º 32 de data 26 de agosto de 1959, crea a Agrupación de Tráfico da Garda Civil.

Misión

A Agrupación de Tráfico ten como misión a vixilancia, regulación, auxilio e control do tráfico e do transporte, así como garantir a seguridade da circulación nas vías interurbanas.

Esta misión tradúcese en:

  • Protección e auxilio aos usuarios das vías públicas.
  • Vixilancia e disciplina do tráfico, tránsito e transporte en vías interurbanas e travesías, así como a denuncia das infraccións ás normas de circulación.
  • Investigación e instrución das dilixencias por accidentes de tráfico.
  • Vixilancia do cumprimento da normativa sobre transportes por estrada.

Organización y estructura

O Órgano Central da Agrupación de Tráfico conta para desempeñar o seu labor coa Xefatura de Operacións, de Recursos Humanos e de Recursos Materiais. Dispón ademais da Escola de Tráfico, encargada de formar o persoal que debe prestar o seu servizo na Agrupación.

Despregamento territorial

Exceptuando en Cataluña e o País Vasco, onde as competencias en materia de tráfico están transferidas ás respectivas Comunidades Autónomas, as Unidades da Agrupación de Tráfico despréganse na seguinte escala:

  • Sector: Correspóndelle a coordinación e inspección dos servizos no ámbito dunha ou máis Comunidades Autónomas.
  • Subsector: Correspondéndolle a planificación, execución e coordinación dos servizos no ámbito provincial.
  • Destacamento: A súa función é a execución do servizo nunha parte da rede viaria provincial.

null