Control das armas

Nesta sección poderá obter información dos gardas civís dedicados especificamente ao control das armas e explosivos. En concreto sobre a creación e antecedentes, a misión xeral e os labores fundamentais, a organización e estrutura, así como o despregamento territorial das Intervencións de Armas e Explosivos.

Intervención de Armas e Explosivos

Creación e historia

Funciones de la Guardia Civil, El control de las armasDende a súa creación en 1844 a Garda Civil tivo como misión especial velar polas persoas e propiedades, polo cumprimento exacto das Leis e pola rigorosa observancia dos Bandos e disposicións de carácter xeral, e entre outras misións, a de evitar o tráfico e tenza clandestina de armas.

No Capítulo IX do primeiro Regulamento para o Servizo danse instrucións sobre o proceder dos gardas civís no control da documentación das armas e explosivos.

A Orde Ministerial de data 28-11-1977, que desenvolve o artigo 4 do Real Decreto 1316/77, encarga á Garda Civil o control das armas e explosivos a partir do 1 de xaneiro de 1978.

Posteriormente, a Lei Orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, no seu artigo 12, establece que a Garda Civil ten a competencia exclusiva nas materias derivadas da lexislación sobre armas e explosivos.

A sensibilidade da materia, as constantes transformacións administrativas, económicas e técnicas que se produciron, deron lugar a unha serie de adaptacións para o mellor desenvolvemento do servizo por parte da Garda Civil, froito das cales se creou en xullo 1986 a especialidade de Intervención de Armas e Explosivos.

Misión xeral

A misión xeral da especialidade de Intervención de Armas e Explosivos é exercer todas as competencias que á Garda Civil outorga a Lei en materia de armas e explosivos.

Cometidos fundamentales

Labores fundamentais:

  • Intervir na fabricación e reparación das armas, as súas imitacións e réplicas, e das súas pezas fundamentais.
  • Control da circulación, almacenamento, comercio, adquisición, transmisión, tenza e uso das armas regulamentadas.
  • Previr, impedir e combater o tráfico ilícito de armas e explosivos.
  • Controlar todas as actividades relacionadas cos explosivos, municións e pirotecnia.
  • Denunciar calquera acción que poña en perigo a seguridade cidadá.

Organización e estructura

Intervención Central de Armas y Explosivos (ICAE)

A nivel central existe unha Intervención de Armas e Explosivos. Ten como misión específica a planificación e control das actividades encamiñadas ao exercicio das competencias que a normativa sobre armas e explosivos encomenda á Garda Civil en todo o territorio nacional. Así mesmo, constitúe o órgano asesor e consultivo nesta materia do Ministerio do Interior.

Estructúrase en:

  • Secretaría.
  • Sección de Armas.
  • Sección de Explosivos.
  • Departamento de Lexislación e Estudios.
  • Departamento de Informática y Estadística.
  • Oficina Periférica de Comunicación.

Intervencións de Armas e Explosivos das Zonas

Son o órgano consultivo e técnico en materia de armas e explosivos a nivel de Comunidade Autónoma. Constitúe o enlace entre a Unidade Central e as intervencións situadas a nivel provincial.

Intervencións Ordinarias de Armas e Explosivos

Son o órgano consultivo e técnico en materia de armas e explosivos nas Unidades Territoriais.

Intervencións de Armas e Explosivos das Comandancias

Están situadas na capital da provincia e constitúen o órgano técnico na materia na Unidade. Son o enlace entre a Intervención de Armas e Explosivos da Zona e as Intervencións de Armas das Compañías.

Intervencións de Armas e Explosivos das Compañías

Situadas a nivel comarcal, son o chanzo máis próximo ao cidadán. Onde, como norma xeral, se realizan os trámites administrativos para a tenza legal das armas regulamentadas e os consumos de explosivos.

En concreto, entre os seus labores están:

  • Informes das solicitudes de licenzas e autorizacións de armas.
  • Control de establecementos relacionados con armas e explosivos.
  • Control das armas depositadas.
  • Control da revistas de armas.
  • Control da vixencia das autorizacións y licenzas.

Intervencións Especiais de Armas e Explosivos

Foron creadas para atender necesidades e labores específicos en portos, aeroportos, fábricas de armas ou de explosivos, e en localidades importantes pola súa poboación ou carga de traballo.

Despregamento Territorial

Na actualidade a especialidade conta con 1626 efectivos distribuídos por todo o territorio nacional nas 355 Intervencións de Armas e Explosivos.


null