Violencia de xénero

Nesta sección poderáobter información sobre os gardas civís que investigan os delitos contra as mulleres e os menores, prestando unha atención personalizada ás vítimas durante a intervención policial. En concreto sobre a creación e antecedentes, a misión xeral e os labores fundamentais, a organización e estrutura, así como o despregamento territorial dos Equipos Muller-Menor da Garda Civil (EMUMES).

Equipo de Muller-Menor (EMUME), loita contra a violencia de xénero e a exercida contra os menores

Historia

Co obxecto de dar resposta aos casos delituosos nos que se encontraban implicados mulleres e menores, tanto como vítimas como en calidade de autores destes, se crean en 1995 os Equipos Muller Menor (EMUME).

Misión

Corresponde aos Especialistas Muller Menor da Garda Civil a investigación dos delitos cometidos contra estas persoas así como aqueles nos que participan como autores, prestándolles unha atención especializada durante a intervención policial, de forma inmediata, adaptada ao tipo de delito e ás súas circunstancias.

O ámbito de actuación dos EMUME da Garda Civil comprende, polo tanto:

  • A violencia no ámbito familiar, en todas as súas formas.
  • Os delitos contra a liberdade sexual, fóra e dentro do ámbito familiar.
  • Os delitos relacionados coa delincuencia xuvenil.
  • O tráfico de seres humanos con fins de explotación sexual.
  • A pornografía infantil.

Organización e estrutura

O persoal dos EMUME desprégase en Puntos de Atención Especializada (PAE) das Unidades de Policía Xudicial da Garda Civil que alcanzan todo o territorio nacional. Este despregamento realízase a nivel Central, provincial e comarcal.

O EMUME central apoia e complementa a actuación dos órganos territoriais.

O sistema de atención a mulleres e menores da Garda Civil articúlase do seguinte modo:

  • Os Postos da Garda Civil coñecen e interveñen en primeira instancia, nos casos acaecidos na súa demarcación.
  • En casos de maior importancia e complexidade intervén o Punto de Atención Especializada Comarcal ao que corresponda. A Garda Civil ten despregados 212 Puntos de Atención Especializada Comarcais.
  • En casos máis graves que impliquen agresións a vítimas especialmente indefensas intervén o Punto de Atención Especializada Provincial. Actualmente están despregados 54 PAEs distribuídos nas Unidades Orgánicas de Policía Xudicial das Comandancias da Garda Civil (nivel Provincial).
  • Cando concorren circunstancias de especial complexidade intervén o EMUME Central. O PAE Central encádrase na Unidade Técnica de Policía Xudicial (Madrid).

null