Delincuencia informática

Nesta sección poderá obter información sobre os gardas civís dedicados á loita contra a delincuencia organizada e os delitos por Internet e outros medios telemáticos. En concreto sobre a creación e antecedentes, a misión xeral e os labores fundamentais, a organización e estrutura, así como o despregamento territorial da Unidade Central Operativa (UCO) e dos Grupos de Delitos Telemáticos (GDT).

Grupo de delitos telemáticos (GDT), loita contra o Ciberdelito

Historia

Funciones de la Guardia Civil, Delincuencia informaticaO Grupo de Delitos Telemáticos foi creado para investigar, dentro da Unidade Central Operativa da Garda Civil, todos aqueles actos delituosos que se cometen a través de sistemas de telecomunicacións e mediante as tecnoloxías da información. En 1996, cando as investigacións sobre delitos informáticos empezaron a adquirir especial relevancia, viuse a necesidade de crear un Grupo especificamente destinado a perseguir esta clase de delincuencia constituído por axentes que unisen á súa preparación en investigación criminal unha boa formación informática.

A mediados de 1999, dado que o campo de actuación se ampliara ás fraudes no sector das telecomunicacións, adoptouse unha terminoloxía máis en consonancia coa realidade, pasando a charmarse Departamento de Delitos de Alta Tecnoloxía (DDAT).

En 2000, prodúcese unha maior especialización dos seus membros, estruturándose nas áreas delituosas de pornografía infantil, fraudes e estafas, propiedade intelectual e delitos de hacking, en consonancia co Convenio de Ciberdelincuencia do Consello de Europa, no que participa persoal da Garda Civil como expertos policiais.

É en 2003 cando a Unidade adquire o seu actual nome: GRUPO DE DELITOS TELEMÁTICOS (GDT) e se crean a nivel provincial os Equipos de Investigación Tecnolóxica (EDITE).

Dende o ano 2002, a Garda Civil organiza anualmente un Foro Iberoamericano de Encontro de Ciberpolicías (FIEC), que se constituíu nun referente de colaboración internacional entre unidades de loita contra a delincuencia informática a nivel latinoamericano e nexo de unión con outros foros a nivel europeo.

Misión

  • Levar a cabo investigacións relacionadas coa delincuencia informática e as fraudes no sector das telecomunicacións ben por propia iniciativa, por requirimento das Autoridades Xudiciais ou por denuncia dos cidadáns.
  • Detección de delitos informáticos na Rede (patrullas cibernéticas).
  • Apoiar as investigacións do resto das Unidades da Garda Civil.

Organización y estructura

O Grupo de Delitos Telemáticos (GDT) intégrase na Unidade Central Operativa da Garda Civil. Os Equipos de Investigación Tecnolóxica (EDITE) encádranse nas Unidades Orgánicas de Policía Xudicial da Garda Civil, despregadas a nivel provincial.