Desactivación de Explosivos e Defensa NRBQ

Nesta sección poderá obter información sobre os gardas civís especialistas en detectar, neutralizar e desactivar artefactos explosivos, incendiarios, radiactivos, biolóxicos e químicos. En concreto sobre a creación e antecedentes, a misión xeral e os labores fundamentais, a organización e estrutura, así como o despregamento territorial do Servizo de Desactivación de Explosivos e Defensa TEDAX - NRBQ.

Servicio de Desactivación de Explosivos e Defensa NRBQ (Nuclear, Radiolóxica, Biolóxica e Química)

Historia

Funciones de la Guardia Civil, Desactivación artefactosDende a I Guerra Mundial e debido á gran cantidade de explosivos e municións empregados nela, a misión das unidades de artificieiros foi a desactivación de explosivos militares non detonados así como de municións non estoupadas.

A evolución da ameaza terrorista a principios da década dos 70, co emprego de artefactos non regulamentarios e non convencionais, obrigou as Forzas de Seguridade a dar resposta a esta agresión.

Os primeiros desactivadores de explosivos da Garda Civil e os seus sucesores tiveron que adaptarse, a partir dunha metodoloxía e formación tradicionais, a unha técnica en continua evolución, cousa que fixeron con audacia, esforzo e un grande espírito de superación, pero cun alto custo humano.

Así, a Orde Xeral de 2 de marzo de 1973, crea os Especialistas en Explosivos da Garda Civil, que naquela época se denominaron "Artificieros". Nestes anos contouse coa experiencia e o apoio de Parques e Mestranzas de Artillaría; grandes expertos en artefactos convencionais.

En 1979, créase o Departamento Central de Desactivación de Explosivos (DECEDEX), para centralizar a formación, información e elaborar intelixencia relativa a desactivación de explosivos. Un ano despois comeza a súa andaina a Escola de Técnicos Especialistas en Desactivación de Explosivos. É nesta década dos anos 70 cando a Garda Civil consegue un alto nivel no coñecemento de artefactos explosivos non regulamentarios.

En 1988, o DECEDEX pasa a denominarse Servizo de Desactivación de Explosivos (SEDEX). No ano 2000 o Servizo de Desactivación de Explosivos asume as funcións de Defensa NBQ (Nuclear, Biolóxica e Química), coa denominación de Servizo de Desactivación de Explosivos e Defensa NBQ.

No 2004, para facer fronte á ameaza do emprego de substancias de natureza nuclear, radiolóxica, biolóxica e química, desenvólvese o Sistema de Defensa NRBQ da Garda Civil e créase a Unidade Técnica NRBQ no seo do SEDEX. 

Misión

 O SEDEX-NRBQ ten como misión a detección, neutralización e desactivación de artefactos explosivos, incendiarios, radiactivos, biolóxicos e químicos, así como o estudo e análise das técnicas de desactivación.

Igualmente, o Servizo é responsable da dirección técnica do Sistema de Defensa NRBQ da Garda Civil.Funciones de la Guardia Civil Desactivacion artefactos 

Organización y estructura

A nivel central el SEDEX se organízase en:

  • Unidade Central Operativa de Desactivación de Artefactos Explosivos e de natureza NRBQ (UCODEX)

    Á que corresponde o apoio ás Unidades na busca, detección, neutralización e desactivación destes artefactos.

  • Centro de Adestramentos en Desactivación de Explosivos e Defensa NRBQ (CADEX)

    Responsable de formación dos especialistas TEDAX e NRBQ da Garda Civil e do persoal doutras institucións nacionais e estranxeiras que llo confíen.

  • Unidade Técnica NRBQ (UT-NRBQ)

    Correspóndelle a dirección técnica do Sistema de Defensa NRBQ, o que se realiza mediante a supervisión da instrución do persoal e do mantemento do material e a análise da información NRBQ.

A nivel periférico o Servizo conta co seguinte despregamento territorial:

  • Unidades de Busca e Desactivación

    Con ámbito de actuación provincial estrutúranse en:

    • Grupos de Especialistas en Desactivación de Artefactos Explosivos e de natureza NRBQ (GEDEX).
    • Equipos de Busca e Localización de Artefactos Explosivos e NRBQ (EBYL)
  • Unidades de Defensa NRBQ

    • Unidades NRBQ de ámbito provincial orientadas á primeira actuación ante unha situación de emerxencia NRBQ, capaces de adoptar as primeiras medidas preventivas e de reacción.
    • Unidades de Primeira Intervención (UPI), concibidas para actuar ante situacións de ameaza NRBQ e capacitadas para avaliar o risco e para establecer medidas de control da emerxencia.
    • de Apoio NRBQ, que actúan en reforzo das anteriores.

 


null