Coñoce a Garda Civil

01_ORIS_Atención-Ciudadana

A Garda Civil é un Corpo de Seguridade Pública de natureza militar e ámbito nacional que forma parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

A súa orixe remóntase ao 28 de marzo de 1844 cando por Real Decreto, se crea a Garda Civil como un "corpo especial de forza armada de Infantaría e Cabalaría", coa “denominación de Gardas Civís". Se desexa coñecer a historia da Guardia Civi consulte a Sección de Historia.

Depende do Ministerio do Interior en canto a servizos, retribucións, destinos e medios, e do Ministerio de Defensa en canto a ascensos e misións de carácter militar.

Ademais, atende as necesidades do Ministerio de Facenda relativas ao Resgardo Fiscal do Estado, e vela polo cumprimento das normas e regulamentos relacionados cos diferentes órganos da Administración Central, a Autonómica e a Local.

É relevante sinalar a relación co Ministerio de Xustiza (Xuíces, Tribunais e Ministerio Fiscal) no labor de policía xudicial, co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nas funcións propias de protección da natureza, así como a relación entre a Agrupación de Tráfico da Garda Civil e o organismo autónomo Xefatura Central de Tráfico, todo iso ao abeiro das misións encomendadas á Garda Civil na Lei 2/1986, do 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade.

A misión principal da Garda Civil será garantir a protección dos cidadáns fronte aos actos delituosos que poidan ameazalos, asegurar o cumprimento das leis levando ante a xustiza a todo o que as incumpra, defender o libre exercicio dos dereitos e as liberdades e preservar a seguridade cidadá.

Así mesmo, é misión da Benemérita a atención e auxilio aos cidadáns mediante a colaboración cos servizos de Protección Civil, a vixilancia do tráfico, protección da natureza, rescate e axuda en montaña e mar territorial e, en resumo, calquera actuación que leve o socorro, axuda e protección do cidadán.

Dirixe os seus esforzos co fin de ser un corpo de seguridade próximo ao cidadán e un referente por calidade, versatilidade e dispoñibilidade, inspirándose en principios e valores de natureza persoal que, debido á súa dedicación continua ao servizo do cidadán, se constitúen en sinal de identidade do Instituto.

Despregados en todo o territorio nacional, con máis de 2000 instalacións e un número de efectivos que supera os 80.000; é este potencial humano, as mulleres e homes que compoñen o Instituto Armado, o que fai posible o cumprimento da tarefa encomendada, para o que a Institución trata de dotarse tamén dos medios materiais máis axeitados.


null