Misións

Misións dos Corpos e Forzas de Seguridade

A Constitución establece no seu artigo 104 que é misión dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado "protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá".

 

Misións da Garda Civil

Como desenvolvemento deste artigo, a Lei Orgánica 2/86, de Forzas e Corpos de Seguridade, define as competencias funcionais e territoriais dos diferentes Corpos de Seguridade do Estado.

Ademais das competencias correspondentes ás diferentes Policías autonómicas, territorialmente, no ámbito da seguridade cidadá, ao Corpo Nacional de Policía correspóndelle exercer as súas funcións nas capitais de provincia e naqueles núcleos urbanos que o Goberno determine. A Garda Civil é responsable no resto do territorio nacional e no mar territorial.

Guardia Civil vigilando con prismáticosFuncionalmente, corresponde ao Corpo Nacional de Policía a responsabilidade do control dos estranxeiros, D.N.I. e pasaportes, do xogo e da seguridade privada.

A Garda Civil debe velar con exclusividade polo control das armas e explosivos; o Resgardo Fiscal do Estado; o tráfico interurbano, salvo naquelas Comunidades Autónomas que o teñan asumido; a custodia das vías de comunicacións, portos e aeroportos e a protección da natureza.

No cumprimento destas misións, a Garda Civil ten unha dependencia directa de diferentes ministerios e organismos.

Como Policía Xudicial, depende dos Xuíces, Tribunais e Ministerio Fiscal. Como Resgardo Fiscal do Estado, do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

En calidade de Policía Administrativa dedicada ás funcións de protección da natureza co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e en materia de tráfico e seguridade coa Dirección Xeral de Tráfico.

En xeral, a Garda Civil vela pola aplicación de todas as leis e regulamentos, sexan estatais, autonómicos ou locais, denunciando calquera infracción á Administración correspondente

 

Misións xenéricas

Como un dos compoñentes fundamentais das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, a Garda Civil ten a misión de protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá mediante o desempeño das seguintes funcións ou misións xenéricas:

  • Velar polo cumprimento das Leis e disposicións xerais executando as ordes que reciban das autoridades competentes, no ámbito da súa competencia.
  • Auxiliar e protexer as persoas e asegurar a conservación e custodia dos bens que se encontren en situación de perigo por calquera causa.
  • Vixiar e protexer os edificios e instalacións públicas que o requiran.Servicio Rural en moto
  • Velar pola protección e seguridade de altas personalidades
  • Manter e restablecer, se é o caso, a orde e a seguridade cidadá
  • Previr a comisión de actos delituosos
  • Investigar os delitos para descubrir e deter os presuntos culpables, elaborando os informes técnicos e periciais necesarios
  • Captar, recibir e analizar cantos datos teñan interese para a orde e a seguridade cidadá.
  • Colaborar cos Servizos de Protección Civil nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública.

 

A estas tarefas, coñecidas dende sempre como servizo peculiar do Corpo, dedícase un total de 46.000 axentes, o que supón practicamente o 62% de total do persoal

Ás especialidades de todo tipo, é dicir aos Servizos responsables do desenvolvemento das misións exclusivas da Garda Civil, dedícanse 25.000 especialistas, un 34%; estando o resto empregado en tarefas de mando e de xestión.

 

Misións exclusivas da Garda Civil

Con carácter exclusivo, a Garda Civil ten as seguintes competencias:

  • As derivadas da lexislación vixente sobre armas e explosivos. Patrullera Guardia Civil
  • O Resgardo Fiscal do Estado e as actuacións encamiñadas a evitar e perseguir o contrabando.
  • A vixilancia do tráfico, tránsito e transporte nas vías públicas interurbanas.
  • A custodia de vías de comunicación terrestre, costas, fronteiras, portos e aeroportos, e centros e instalacións que polo seu interese o requiran.
  • Velar polo cumprimento das disposicións que tendan á conservación da natureza e medio, dos recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e de calquera outra índole relacionada coa natureza.
  • A condución interurbana de presos e detidos

 

Así mesmo, poderá desempeñar misións de carácter militar baixo dependencia do Ministerio de Defensa.

 


null