Natureza militar
A natureza nada fai en van..
Aristóteles (384 a.C. - 322 a.C.)

Antecedentes

A Garda Civil responde na súa organización e funcionamento ao modelo de instituto armado de natureza militar. Non é un modelo novo pois no momento da súa creación xa se encontran exemplos tan destacados como a Xendarmaría Nacional Francesa ou os Carabinieri do Piamonte, antecedente da actual Arma dei Carabinieri italiana. As orixes destas institucións remóntanse á Idade Media e son características das culturas latinas no ámbito do mar Mediterráneo.
 
Tampouco é na actualidade un modelo exclusivo, pois é habitual en numerosos países de todo o mundo.
 
A dualidade de militar e de policía da Garda Civil remóntase ás súas orixes, pois no propio decreto de fundación se fala de "unha forza civil de seguridade pública" se ben "... en canto a organización e disciplina, depende da xurisdición militar, pero non é menos certo que tamén dende o principio, queda patente a súa diferenciación do Exército, así como a súa función de policía ao servizo da Administración Civil.
 
webnaturalezamilitar1A Lei constitutiva do Exército do 29 de novembro de 1878, malia reforzar a súa pertenza ao Exército de Terra, mantivo que a súa función como policía civilcontinuara sendo predominante, conservando a súa dependencia das autoridades civís no relativo ao seu servizo peculiar.
 
Coa Constitución Española de 1978 realízase unha distribución clara entre as Forzas Armadas e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, sendo a Garda Civil parte integrante destas últimas.
 
Tal e como establece a Lei Orgánica 2/1986 ten "natureza militar", ao tempo que a Lei 42/1999 de Réxime de Persoal do Corpo da Garda Civil lle atribúe un réxime de persoal propio.
 
 
 
No que se refire á súa incardinación na Administración Xeral do Estado, o Instituto responde á súa tradicional dobre dependencia dos Ministerios de Defensa e Interior.

Natureza militar 

A natureza militar da Garda Civil non implica que esta sexa unha policía militar, que é aquela que exerce funcións policiais no ámbito castrense, xa que a práctica totalidade das súas actuacións se refiren a funcións de policía civil, respondendo a dúas características esenciais:
 
  •  É un Corpo policial integral, acorde coas características das policías dun Estado democrático e de dereito contempladas nos principios sobre policía democrática da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE), e da Unión Europea.
  • Ten carácter militar, que determina o seu modo de actuar, posto que a súa estrutura interna, a súa xerarquía, disciplina e organización supoñen unha extraordinaria cohesión e eficacia no cumprimento do deber. Igualmente a súa dependencia do Ministerio de Defensa supón que pode desempeñar misións militares en sentido estrito.
En canto á primeira característica, a Garda Civil é un corpo de policía integral porque responde a todos os requisitos esixidos pola OSCE e que se enumeran a continuación:
  • Sexan a manifestación máis visible da autoridade do goberno, constituíndo os seus deberes fundamentais:
    • Manter a orde pública e facer cumprir a lei
    • Protexer e respectar os dereitos e liberdades das persoas
    • Previr e combater o crime
    • Proporcionar asistencia e servizos ao cidadán
 
A lexislación nacional, dende a Constitución a ao 2/1986 de Forzas e Corpos de Seguridade e lexislación posterior, asigna inequivocamente estas misións á Garda Civil. Respecto á asistencia e servizo aos cidadáns abonde recordar que dende 1929 a Garda Civil ostenta a Gran Cruz da Orde Civil de Beneficencia, que deu lugar oficialmente ao seu sobrenome de"benemérita,".
  • Actúen de acordo coa lei nacional e os estándares internacionais aceptados polos países participantes na OSCE.
  • A Garda Civil réxese pola lexislación civil ao igual que os outros corpos policiais españois e a súa actuación está suxeita ao imperio da lei.
  • Dispoñan dun código de conduta profesional e cumpran co seu deber de acordo cos acordos internacionais sobre dereitos humanos, civís e políticos.
  • Ademais de ao ordenamento xurídico español, a Garda Civil está suxeita dende a súa creación a un esixente código deontolóxico que se resume no lema "A honra é a principal divisa do garda civil".
  • Exerzan as súas funcións con responsabilidade e transparencia, ante os cidadáns, a lei e as institucións, con suxeición á dirección e o control das autoridades civís, cunha clara cadea de mando e distribución de competencias.
A Garda Civil dispón de unidades de asuntos internos e as condutas antixurídicas dos seus membros son depuradas por xulgados e tribunais. Ademais os poderes do Estado teñen plena autoridade sobre este Instituto Armado.
 
webnaturalezamilitar2De todo o anterior se desprende que a Garda Civil responde a todas as características que corresponden a unha policía dun Estado democrático e de Dereito.
 
Ademais, polo seu carácter militar, a Garda Civil achega ao modelo policial español os seguintes valores engadidos:
  • Graduación da resposta do Estado; permitindo ao Goberno unha actuación intermedia en resposta a situacións nas que os corpos civís puidesen verse superados, evitando o recurso ás Forzas Armadas. Esta característica revelouse especialmente útil na loita antiterrorista.
  • Equilibrio; diversos corpos policiais, e máis aínda se algún deles está militarmente organizado, limitan a concentración excesiva de poder e minimizan os riscos en situacións de crise.
  • Flexibilidade; a Garda Civil pode actuar baixo dúas cadeas de mando, a militar e a civil, en función da natureza da misión. Ademais facilita a transición na responsabilidade dunha autoridade a outra.
  • Capacidade de cumprir misións militares de carácter policial en zonas de conflito ou en apoio de operacións militares desenvolvidas por forzas armadas españolas ou multinacionais.

Conclusión 

Como se quixo demostrar nas liñas anteriores, o carácter militar forma parte da esencia da Garda Civil, e este non fai senón acrecentar e ampliar a eficacia desta como policía integral ao servizo dos cidadáns, unha policía moderna e actual sen afastarse da súa natureza castrense implícita dende a súa creación, sen esquecer uns valores que a distinguiron ao longo da súa historia.

 

vacio vacio