Trámites Administrativos

Introduza unha frase ou termo a buscar :
Seleccione tipo de Trámite a buscar
separador

A través do buscador desta páxina ofrécese ao usuario a información dos diferentes procedementos administrativos competencia da Garda Civil e a posibilidade de descargar os modelos específicos do trámite a realizar en formato PDF.

Os procedementos atópanse estruturados por temáticas (autorizacións de armas e explosivos, licenzas de armas, transferencia de armas, recarga de cartucheira, ingreso na Garda Civil, acceso a Garda Particular do Campo, autorización de centros de formación de Gardas Particulares do Campo, habilitación de profesor de centros de formación de Gardas Particulares do Campo, habilitación de instrutor de tiro de Seguridade Privada, medidas e plans de seguridad, fábricas e depósitos de explosivos, e importación de explosivos, etc.)

Unha vez cuberto o modelo de solicitude de interese, o interesado debe imprimilo y presentalo para o seu curso co resto da documentación esixida nas dependencias oficiais da Garda Civil, ou no seu caso, envialo por correo postal á dirección específica, dependendo do trámite a realizar.

 

Formulario xenérico

icono formulario

Para o inicio de calquera procedemento administrativo na Garda Civil (dos non especificados anteriormente)

Se está interesado en realizar un trámite administrativo na Garda Civil e este non está incluido dentro dos asuntos que anteriormente foron presentados a través do buscador (para os que existe un modelo de solicitude específico) ou simplemente quere formalizalo nalgunha das linguas cooficiais ou noutro idioma, a continuación ofrécese un modelo de solicitude xenérico en formato PDF autorreenchible.

 

Español e linguas cooficiais

 

castelánCatelán    catalanCatalán    valenciaValenciano    galegoGalego    ikurrinaEuskera    aranesAranés

 

Outros idiomas

 

unionjackInglés    alemanAlemán    franciaFrancés    italiaItaliano    rumaniaRumano

 

 

Arquivo reutilizable da información

En virtude do R.D. 1495/2011, polo que se desenvolve a Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público,  ofrécense as direccións URL dos procedementos administrativos competencia da Garda Civil nun único arquivo (formato CSV) que posibilita a reutilización da información noutros sistemas de información.