Poxas
  • A poxa de armas anunciarase no Boletín Oficinal da Comunidade Autónoma e no Boletín Oficial do Estado.
  • As armas subastaranse por unidades soltas ou reunindo varias de características semellantes. En ambos os dous casos asignaráselle un lote que recibirá un número.
  • A cada lote asignaráselle un prezo mínimo inicial.
  • Durante o prazo de exposición pública das armas, as persoas interesadas poden realizar a proposta de oferta polos lotes do seu interese.
  • O período de exposición determinarase ao organizar cada poxa e concretarase na convocatoria de publicación.
  • A oferta de adquisición formalizarase por escrito e en sobre pechado
  • A poxa terá lugar no día e horas fixados.

Poxas pendentes, pulse aquí para acceder.

Procedemento:

 

  • En primeiro lugar, o interesado comunicará a súa intención de participar na poxa. Para iso, encherá cos seus datos persoais unha instancia que lle será facilitada pola Intervención de Armas e Explosivos da Garda Civil do lugar onde se realice a poxa.
  • Seguidamente, deberá encher o formulario da proposta de oferta de adquisición, que é o documento onde se fai constar o lote polo que licita e a cantidade que desexa pagar pola arma ou armas en cuestión (en letra e cifras). Formulará separadamente tantas propostas de adquisición como lotes solicite.
  • A continuación debe aboar o 25% do prezo de saída da arma en calidade de fianza.
  • Finalmente, entregará os documentos citados na Intervención de Armas e Explosivos da Garda Civil que organiza a poxa, xunto con copia da licenza de armas e do DNI.

 

Non se admitirán ofertas formalizadas por correo.

Unha vez finalizado o prazo de exposición das armas o persoal da Intervención de Armas e Explosivos da Garda Civil recollerá todos os sobres pechados dos ofertantes.

Seguidamente procederase á apertura dos sobres e darase a coñecer publicamente o nome dos adxudicatarios dos lotes.

O adxudicatario ten a posibilidade de adquirir definitivamente o lote correspondente, tras aboar o resto da poxa, ou ben pode desestimar a súa compra.

Igualmente, todos aqueles que puxasen por algún lote e non lles correspondese a súa adxudicación na poxa teñen o dereito a que se lles devolva o diñeiro da fianza.