Cesión temporal

Para o exercicio da caza

Consonte o regulado no artigo 91 do Regulamento de armas (Real decreto 137/1993, do 29 de xaneiro (BOE núm. 55), os cidadáns españois e estranxeiros residentes en España poden prestarlle as súas armas de caza a quen teña licenza de caza e licenza para armas longas raiadas para caza maior ou para escopeta de caza, segundo os casos. A cesión será exclusivamente para cazar e documentarase cunha autorización escrita, datada e asinada polo titular da arma, por un período máximo de quince días. pulse aquí para descargar un modelo.

 

Para a práctica de tiro deportivo

 
Do mesmo xeito, para a práctica de tiro deportivo, os titulares das pistolas, revólveres e armas de concurso poden prestarlle este tipo armas cunha autorización por escrito a quen estea habilitado legalmente para o seu uso.
 
E, coa oportuna autorización escrita e para os mesmos efectos expostos, tamén se poderán prestar as armas documentadas con tarxeta de armas.
 
As armas prestaranse en todo caso coas súas guías de pertenza ou coas súas tarxetas de armas.