Transferencias

 Nesta páxina pode consultar a información relacionada coa xestión da transferencia de armas. . 

Transferencias de armas en España

Segundo dispón o artigo 92 do Regulamento de armas (Real decreto 137/1993, do 29 de xaneiro (BOE núm. 55), as armas non poden allearse, prestarse nin pasar por ningún concepto a poder doutro que non sexa o titular da guía de pertenza, salvo nos casos autorizados no citado Regulamento de armas.

De acordo co artigo 51 do Regulamento de armas, o armeiro ou titular que transmita a propiedade dunha arma de fogo comunicaralle a entrega ou a cesión que teña lugar en España á Intervención de Armas da Garda Civil, e informará do seguinte: 

  1. Identidad del comprador o cesionario.
  2. Tipo de arma, marca, modelo, calibre y número del arma.
  3. Fecha de entrega del arma.
     

Para iso, solicitará a autorización de transferencia á Intervención de Armas da Garda Civil do lugar onde se atope a arma de fogo. Pulse aquí para descargar un modelo., 

Subir

 

Transferencia de armas de fogo desde España a países da Unión Europea

Segundo dispón o artigo 72 do Regulamento de armas, as armas de fogo só poderán transferirse a outro país da Unión Europea e circular por España procedentes doutros países da Unión Europea.

Para a transferencia de armas de fogo desde España a países da Unión Europea, a persoa interesada debe solicitar a autorización de transferencia á Intervención de Armas da Garda Civil do lugar onde se atopen as armas. Pulse aquí para descargala

Nesta solicitude, a persoa titular fará constar o seguinte:

Á solicitude de autorización de transferencia acompañarase, sempre que sexa necesario e tendo en conta a natureza das armas obxecto de transferencia, o permiso previo do Estado de destino.

A Intervención de Armas da Garda Civil de orixe examinará as condicións en que se realiza a transferencia para determinar se se garante a seguridade desta e expedirá a autorización sempre e cando se cumpran os requisitos necesarios para o transporte, o que se regula no artigo 34 e seguintes do Regulamento de armas. Neste sentido, convén salientar que cada envase de armas de fogo para o comercio exterior pode conter calquera número de armas, sempre que estas ofrezan suficientes garantías de seguridade.

A autorización expedida acompañará as armas ata o seu destino e deberá presentarse se o solicitan as autoridades dos Estados membros da Unión Europea, de tránsito e de destino.

Subir

 

Autorización de transferencia de armas de fogo entre armeiros autorizados desde España a países da Unión Europea

Os armeiros autorizados en España (persoa física ou xurídica cuxa actividade profesional consista, en todo ou en parte, na fabricación, comercio, cambio, alugamento, reparación ou transformación de armas de fogo) que obteñan autorización da Garda Civil poderán realizar transferencias de armas de fogo desde España a outros armeiros establecidos noutro Estado membro da Unión Europea, sen necesidade de solicitar a autorización de transferencia de armas de fogo descrita anteriormente.

Para tal fin, e a solicitude do armeiro interesado (pulse aquí para descargar modelo), expedirase unha autorización válida durante un período que non poderá exceder de tres anos, que pode ser anulada ou suspendida en calquera momento pola Garda Civil. 

Para realizar cada transferencia o armeiro autorizado haberá de efectuar unha declaración ante a Intervención de Armas da Garda Civil, na que fará referencia á autorización para realizar transferencias e, se é o caso, o permiso previo do país de destino. Do mesmo xeito, tamén debe facer constar na declaración os seguintes datos:

A Intervención de Armas da Garda Civil de orixe devolveralle visada ao armeiro a declaración que acompañará as armas de fogo durante todas as expedicións que se efectúen e esta deberá de presentarse no caso de que o soliciten as autoridades dos Estados membros da Unión Europea de tránsito e de destino.

A Garda Civil enviaralles a información sobre as transferencias definitivas de armas de fogo e demais prescricións previstas no Regulamento de armas ás autoridades do Estado membro da Unión Europea en cuxo territorio se efectúe cada transferencia.

Igualmente, comunicaralles aos armeiros autorizados que teñan autorización para realizar transferencias a lista das armas de fogo que se lles poden transferir aos restantes países da Unión Europea sen o consentimento previo das súas autoridades respectivas.

Subir

 

Entrada e circulación en España de armas de fogo procedentes da Unión Europea

A entrada e a circulación en España de armas de fogo procedentes doutros países membros da Unión Europea necesitará a obtención dun permiso previo da Garda Civil, salvo que se trate de armas declaradas exentas segundo o Ministerio do Interior por cuestións de seguridade cidadá.

O permiso previo solicitarao a persoa interesada (pulse aquí para descargar un modelo), aínda que unicamente se poderá conceder logo de que as autoridades competentes do país de procedencia acheguen a seguinte información: 

A Garda Civil, unha vez que comprobe os datos achegados pola persoas solicitante e que se trata de armas non prohibidas a particulares, concederá o permiso previo para o fin descrito.

Para entrar e circular por territorio español as armas deberán estar acompañadas en todo momento da autorización expedida polas autoridades competentes do país de procedencia na que deberá figurar debidamente indicado e, de non ser o caso, haberá de achegarse unha copia do permiso previo expedido pola Garda Civil.

Cando se trate de transferencias entre armeiros titulares de autorizacións periódicas de transferencias, a entrada e a circulación en España deberá documentarse mediante a declaración do expedidor visada pola autoridade competente do país de orixe e comunicada oportunamente á Garda Civil.

No momento en que as armas de fogo entren en territorio español, deberán ser presentadas na Intervención de Armas da Garda Civil máis próxima, co obxecto de realizar as comprobacións pertinentes e de estender a correspondente dilixencia na autorización ou declaración que acompañe á expedición das armas.

Subir

Cambio de titularidade polo falecemento dos seus titulares

En caso de falecemento da persoa titular das armas, os herdeiros ou testamenteiros deben depositar as armas na Intervención de Armas da Garda Civil. Se o titular tiña unha licenza do tipo A — é dicir, pertencía ás Forzas Armadas, Forzas dos Corpos e Seguridade ou Servizo de Vixilancia Aduaneira—, o depósito realizarase nos servizos de armamento dos seus propios corpos ou unidades.

O depósito deberán efectualo tan pronto como teñan coñecemento da obrigación de facelo e, en calquera caso, dentro dos seis meses seguintes ao falecemento. Para a súa anulación e comunicación ao Rexistro Central de Guías e de Licenzas, as armas entregaranse xunto coas súas guías de pertenza.

As armas permanecerán depositadas durante un ano, á disposición dos herdeiros ou testamenteiros, por se algún deles puidese adquirilas legalmente e quixese facelo. Pulse aquí para descargar modelo 

Durante ese ano, os herdeiros tamén poderán allear a arma ou recuperala, documentándoa ou inutilizándoa, para conservala como recordo familiar ou afectivo.

Unha vez transcorrido o prazo sen que a arma recibise ningún dos destinos previstos nos apartados anteriores, allearase en poxa pública e entregaráselles o seu importe aos herdeiros ou ben ingresarase á súa disposición na Caixa Xeral de Depósitos.

Subir

 

  • Autorización para o pase da revista de armas (artigo 90.4).
  • Cesión temporal dunha arma para a caza ou para a práctica de tiro deportivo (artigo 91).
  • Datos de identificación do comprador ou cesionario.
  • Tipo, marca, modelo, calibre, número de fabricación, número de identificación e demais características da arma de fogo.
  • Data de entrega ou cesión.
  • Datos de identificación do comprador ou cesionario.
  • Tipo, marca, modelo, calibre, número de fabricación, número de identificación e demais características da arma de fogo.
  • Enderezo do lugar ao que se enviarán ou transportarán as armas.
  • O número de armas que integren o envío ou o transporte.
  • Indicación de se as armas de fogo portátiles pasaron o control de conformidade coas disposicións do Convenio do 1 de xullo de 1969, relativo ao recoñecemento mutuo dos selos de contrastes das armas de fogo de tales armas. Pulse aquí para descargalo.
  • Medio de transferencia.
  • Data de saída e data estimada de chegada.
  • Datos de identificación do comprador ou cesionario.
  • Enderezo do lugar ao que se enviarán ou transportarán as armas.
  • O número de armas que integren o envío ou o transporte.
  • Indicación de se as armas de fogo portátiles pasaron o control, de conformidade coas disposicións do Convenio do 1 de xullo de 1969, relativo ao recoñecemento mutuo dos selos de contrastes das armas de fogo de tales armas. Pulse aquí para descargalo.
  • Datos de identificación do comprador ou cesionario.
  • Tipo, marca, modelo, calibre, número de fabricación, número de identificación e demais características da arma de fogo.
  • Enderezo do lugar ao que se enviarán ou transportarán as armas.
  • O número de armas que integren o envío ou o transporte.
  • Indicación de se as armas de fogo portátiles pasaron o control, de conformidade coas disposicións do Convenio do 1 de xullo de 1969, relativo ao recoñecemento mutuo dos selos de contrastes das armas de fogo. Pulse aquí para descargalo.
  • Medio de transferencia.
  • Data de saída e data estimada de chegada.