Uso de armas por menores

imprimir
Fecha de creación: 27/10/11 - Fecha de modificación: 13/02/14
Aut. armas y explosivos

 

Denominación do procedemento: 1000027 - Autorización especial para uso de armas por menores de idade

 

Nesta páxina poderá consultar a información necesaria para solicitar a autorización especial de uso de armas a menores.

Se posúe sinatura dixital, pode realizar o trámite de solicitude de autorización especial de uso de armas por menores de idade (AEM) vía telemática na sede electrónica da Garda Civil

 

Información xeral 

Maiores de 16 e menores de 18 anos

Os españois e estranxeiros con residencia en España, maiores de 16 anos e menores de 18 anos, que se atopen en posesión legal dunha autorización especial de uso de armas para menores (AEM) poderán utilizar, exclusivamente para a caza ou para competicións deportivas (categoría junior), as armas de fogo das categorías 2.2 e 3.1.  .

Estes menores non poden posuír nin portar estas armas dentro das poboacións.

Para poder utilizar as armas, o menor deberá ir acompañado dunha persoa maior de idade con licenza de armas D, E ou F en vigor que previamente se comprometese por escrito a acompañalo e a vixialo na cacería ou acto deportivo.

Maiores de 14 e menores de 18 anos

Os españois e estranxeiros con residencia en España, maiores de 14 anos e menores de 18 anos, con residencia en España, que se atopen en posesión legal dunha autorización especial de uso de armas para menores (AEM) poderán utilizar, exclusivamente para a caza ou para competicións deportivas, as armas de fogo das categorías 3.2 e 3.3

O menor que vaia utilizar a arma deberá ir acompañado dunha persoa maior de idade con licenza de armas D, E ou F en vigor que previamente se comprometese por escrito a acompañalo e a vixialo na cacería ou acto deportivo.

>Subir


Concesión e vixencia das autorizacións 

As autorizacións especiais de uso de armas para menores (AEM) serán concedidas polo director xeral da Garda Civil e terán validez ata a maioría de idade dos seus titulares, sen necesidade de obter renovacións.

A vixencia das autorizacións estará condicionada a que o menor manteña os requisitos esixibles para o seu outorgamento. Os órganos competentes para a súa expedición poden comprobar en calquera momento que se manteñen estes requisitos e, en caso contrario, procederán a revogalas.

>Subir


Probas de capacitación

Para obter a autorización especial de uso de arma para menores (AEM), as persoas interesadas deberán superar dúas probas de capacitación, unha teórica e unha práctica.

  • A proba teórica versará sobre o coñecemento das armas e o Regulamento de armas, de acordo co programa de coñecementos establecido.
  • A proba práctica realizarase en campos, polígonos ou galerías de tiro legalmente autorizados e servirá para comprobar a habilidade para o manexo e a utilización das armas que vaia utilizar o menor.

A instancia de solicitude para tomar parte nas probas de capacitación axustarase ao modelo establecido para este trámite. Pulse aquí para descargala

Cada unha das probas dará lugar á cualificación de apto ou non apto.

Para poder realizar a proba práctica será necesario superar a proba teórica. Unha vez declarado apto, a proba teórica iniciarase nun período de seis meses, que comezará a contar desde esta data, para a superación da proba práctica.

 

Máis información

Existe máis información sobre as probas de capacitación para a obtención da autorización especial de uso de armas para menores na páxina sobre as probas para a obtención das licenzas D e E e AEM. Pulse aquí para acceder.  

 

 >Subir

Solicitudes e documentación 

As solicitudes da autorización especial de uso de armas para menores (AEM) presentaranse nas Intervencións de Armas e Explosivos da Garda Civil correspondentes ao domicilio da persoa interesada e estarán asinadas polo menor e pola persoa que exerce a patria potestade ou tutela sobre este.


A instancia de solicitude de autorización especial de uso de armas para menores axustarase ao modelo establecido para este trámite. Pulse aquí para descargala. 

Coa instancia, o solicitante achegará os seguintes documentos:

  • Certificado de antecedentes penais, se se trata de maiores de 16 anos.
  • Certificado de antecedentes penales de la persona que ejerza la patria potestad o la tutela del menor solicitante.
  • Autorización para o uso de armas das clases expresadas da persoa que exerza a patria potestade ou a tutela, na que se faga constar que se responsabiliza da actuación do menor ante notario, autoridade gobernativa, alcaldía, comisaría do Corpo Nacional de Policía, comandancia da Garda Civil, Intervención de Armas ou posto da Garda Civil. Pulse aquí para descargala.
  • Informe de aptitudes psicofísicas do menor.
  • Xustificante do pago das taxas establecidas para tomar parte nas probas de capacitación. Pulse aquí para descargala.

Non será necesario presentar a autorización para o uso de armas da persoa que exerza a patria potestade ou a tutela se esta se atopa en posesión de calquera tipo de licenza de armas en vigor.

>Subir

 

Normativa de regulación das probas



Orde do Ministerio do Interior, do 18 de marzo de 1998, pola que se regulan as probas de capacitación para obter determinadas licenzas de armas e os requisitos para a habilitación de entidades dedicadas aos ensinos correspondentes (BOE núm. 77). Pulse aquí para descargala. 

Orde do Ministerio do Interior, do 7 de marzo de 2000, pola que se precisa a determinación do ámbito de aplicación da Orde do Ministerio do Interior, do 18 de marzo de 1998, sobre probas de capacitación para obter licenzas de armas (BOE núm. 60, do 10 de marzo). Pulse aquí para descargala..

Resolución do 19 de outubro de 1998, da Dirección Xeral da Garda Civil, pola que se ditan instrucións para a execución da Orde do 18 de marzo de 1998 pola que se regulan as probas de capacitación para obter determinadas licenzas de armas e os requisitos para a habilitación de entidades dedicadas ao ensinos correspondentes. Pulse aquí para descargalapulse aquí para descargarla.

>Subir