Dereitos dos ciudadáns

Os principios de actuación e servizo da Garda Civil, así como os dereitos dos cidadáns na súa relación con esta, encóntranse recollidos basicamente nas seguintes normas:

Guardias Civiles explicando sus derechos a ciudadanos

 

  • Artigo 5 da Lei Orgánica 2/1986 de Forzas e Corpos de Seguridade.
  • Artigo 35 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
  • Artigo 4 da Lei 6/1997 de organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado.

 

 

Tales dereitos poden resumirse nos seguintes:

  • A protección efectiva dos seus dereitos e liberdades e a defensa da súa persoa e bens.
  • Auxilio permanente en caso de necesidade a través do 062 ou directamente de calquera Posto da Garda Civil.
  • Recibir un trato respectuoso e digno, imparcial e sen discriminación ningunha.
  • Que se respecte a súa intimidade persoal e a confidencialidade nos asuntos que coñeza a Garda Civil por razón de servizo.
  • Atención e información acerca das súas solicitudes, demandas, queixas e suxestións.
  • Participar, directamente ou a través de representantes, nos asuntos de seguridade cidadá que sexan de interese público.
  • Recibir información de interese xeral en relación coa actuación e os servizos da Garda Civil, de xeito presencial, escrito, telefónico ou telemático.
  • Recibir orientación acerca dos requisitos xurídicos e técnicos para as actuacións ou solicitudes que se propoñan realizar ante a Garda Civil.
  • Acceder aos arquivos e rexistros da Garda Civil nos termos previstos nas Leis.
  • Á tramitación dilixente dos asuntos que requira e a coñecer o estado de tramitación dos procedementos nos que teñan a condición de interesados.

 

Contido da Carta de servizos da Garda Civil, pulse aquí para acceder.