Para os maiores

 Nesta páxina pode consultar o contido do Plan Maior Seguridade creado pola Garda Civil, no que se ofrecen unha serie de consellos prácticos, para un maior benestar das nosas persoas maiores, prema aquí para descargar o tríptico do Plan Maior Seguridade en PDF


Confíe en nos

  • A seguridade do cidadán é unha misión primordial no quefacer diario da Garda Civil. As persoas de máis idade da nosa sociedade constitúen un colectivo que debe ser obxecto dunha especial protección.
  • As pautas de conducta que se aconsellan nesta páxina teñen por obxecto a prevención daqueles actos delictivos que con máis frecuencia se cometen contra os nosos maiores.
  • De ahí que sexa tan importante para este colectivo a adopción destas medidas de prevención nas súas actividades do día a día.
  • Non esqueza que a Garda Civil está para axudarlle. Se vostede ten algunha pregunta ou cre que ten sido víctima dalgún delito, non dubide en chamarnos.

00_ORIS_Atención-Ciudadana

Subir



Se é víctima dun delito...

  • Trate de manter a calma e, se pode, fíxese en detalles que poidan axudar a identificar ao delincuente. 
  • CHAME A GARDA CIVIL OU Á POLICÍA canto antes e informe de todos os datos que lembre.
  • Comunique a sustracción das súas tarxetas ou cheques bancarios ás entidades emisoras inmediatamente.
  • Se é víctima dun tirón, non opoña forte resistencia para evitar ser arrastrado.
  • Se lle sustraíron as chaves da súa vivenda cambie canto antes a pechadura da porta.

 

Subir



Na vía pública

  • Na rúa, camiñe pola parte interior da beirarrúa, colocando o bolso no lado da parede. Utilice preferentemente bolsos de asa ou que non leven correa.
  • Evite facer ostentación de xollas ou outros obxectos de valor e protexa o seu bolso ou carteira nas grandes aglomeracións.
  • Non acepte ningunha proposta que lle ofrezan pola rúa, por ventaxosa que lle pareza. Normalmente será unha estafa.

Subir



No seu domicilio

  • Non abra a porta da súa casa nin o porteiro automático a persoas descoñecidas. Se non ten mirilla, instálea.
  • Desconfíe sempre de quen chame a súa porta ofrecéndolle a venda de calquera cousa ou que diga representar a un organismo público ou asociación humanitaria. O delincuente utilizará calquera excusa para entrar na súa casa.
  • Desconfíe dos servizos técnicos que non foron solicitados por vostede ou pola súa familia.
  • Identifique aos empregados que, aínda coa súa autorización, deban efectuar reparacións, revisións ou cobros no seu domicilio.

Subir



No banco

  • Se ten que utilizar un caxeiro automático, non leve anotadas as claves das súas tarxetas, procure memorizalas. Vixíe sempre os arredores e non saque grandes cantidades de diñero.
  • Se é posible, domicilie os seus pagos mensuais para evitar salir a rúa con diñero.
  • Procure ir acompañado cando teña que asinar documentos, teña que realizar cobros ou pagos de certa importancia.

 

Subir



Nas súas viaxes

  • Non esqueza nunca a súa documentación persoal.
  • Cando viaxe, intente levar únicamente o necesario.
  • Manteña sempre vixiado o seu equipaxe e pertenzas persoais.
  • Non confíe as súas maletas a persoas descoñecidas ou que non estéan debidamente acreditadas. Nunca acepte levar maletas de persoas que non coñeza.

 

Subir



En internet

  • Non confíe en supostas mensaxes do seu banco nos que lle soliciten as súas claves secretas ou os números das súas tarxetas bancarias.
  • Non realice compras en páxinas que non lle garantan a seguridade dos seus datos.
  • Sexa precavido co seu perfil e datos persoais ao acceder a redes sociais.
  • Desconfíe de grandes ofertas ou chollos a través da rede.

 

Subir


Página 1 de 1
1