Abuso sexual a menores

Nesta sección dáse resposta ás súas preguntas de cando e como actuar nos feitos de abuso sexual a menores, da atención que se presta ás vítimas e o apoio profesional que se lles presta. Igualmente infórmase da solicitude dunha orde de protección.Atención a menores

 


¿Cómo decatarse que un menor sofre abusos?

Non existen signos indiscutibles que indiquen a presenza de abuso sexual en menores, e en todo caso deben ser valorados de por un especialista, polo tanto a presenza dun ou varios deles non indiquen necesariamente o abuso.

En xeral, os menores poden presentar comportamentos que non corresponde á súa idade nin aos costumes da casa, mostrando curiosidade en extremo ou facendo preguntas ou comentarios sobre sexo non esperables á súa idade (comportamento sedutor, evitación ou rexeitamento de persoas ou lugares, resistencia a espirse ou bañarse, cambios bruscos de conduta, etc.)

As condutas e comportamentos externos, deben ser valorados por un especialista e deben terse en conta á hora de apreciar un posible abuso de menores:

  • Cambios extremos de comportamento, como:
      Perda do apetito.
      Abundancia do choro.
      Pesadelos.
      Medo á escuridade.
  • Retrocesos no comportamento, como:
      Empezar de novo a mexarse na cama.
    Chuparse o dedo.
  •  
  • Rexeitamento con moita enerxía de ir á escola.
  • Sentimento de medo a unha persoa específica ou a ser deixado nun lugar.
  • Mostra dunha agresividade pouco común.
  • Autolesións ou accidentes frecuentes, podendo mesmo chegar a presentar condutas suicidas.
  • Roupa interior rota, manchada ou anormalmente sucia.
  • Sangre na vaxina ou o recto, dor, comechón ou inflamación nos xenitais.
  • Padecemento dalgunha infección vaxinal.

Estas reaccións dependerán tamén da idade do menor e outros factores persoais, polo que hai que valoralas con cautela, sendo o seu médico ou pediatra a persoa indicada para valorar de xeito global estes aspectos, ademais de posibles indicios físicos que poidan presentar.

O autor dos abusos sexuais a menores pode ser calquera persona coa que o menor manteña una relación de desigualdade, xa sexa en cando a idade, a madureza ou poder.

O abuso de menores comprende aqueles actos que realiza calquera persoa, sen violencia ou intimidación e sen que haxa consentimento por parte de quen os sofre, que atenten contra a súa liberdade sexual.

Considéranse abusos sexuais non consentidos, os que se executen sobre:

  • Menores de 16 anos.
  • Persoas que se achen privadas de sentido.
  • Persoas de cuxo trastorno mental se abusar.
  • Persoas sobre as que se obtivo o consentimento servíndose dunha situación de superioridade manifesta por parte do autor que limite a liberdade da vítima.

A agresión sexual comprende aqueles actos que realiza calquera persoa, con violencia ou intimidación (ameazas, coaccións, intimidacións, chantaxes, etc.), que atenten contra a liberdade sexual da persoa que sofre a agresión.

A pedofilia consiste na excitación e pracer sexual dun adulto mediante a súa relación con menores. As condutas poden ser sen contacto físico directo (exhibicionismo ou masturbación diante do menor), ou condutas físicas directas (bicos, caricias, masturbación do menor, etc.)

Na explotación sexual infantil, que forma parte do abuso sexual infantil, o autor persegue un beneficio económico. Abrangue a prostitución e a pornografía infantil.

Existen diferentes modalidades de explotación sexual infantil:

  •  
  • Corrupción de menores, que consiste en utilizar a menores de idade ou incapaces en espectáculos exhibicionistas ou pornográficos, tanto públicos coma privados ou para elaborar calquera clase de material pornográfico. Incluído a difusión, venda ou exhibición deste tipo de material ou a súa posesión cos devanditos fins.

Subir



¿Que pasos debo seguir para denunciar o abuso?

Os feitos de abuso sexual a menores non se deben silenciarse. É moi importante denuncialos dende un primeiro momento para poder dar protección ás vítimas.

A denuncia terá un tratamento preferente, admitirase sempre aínda que os feitos se cometesen en demarcación territorial doutro corpo policial.

Calquera persoa maior de idade relacionada co menor, preferentemente o representante legal, titores ou gardadores, poderá denunciar os feitos nas dependencias policiais ou ben a través do número de teléfono 062 (da Garda Civil).

É recomendable achegar todos os medios de proba de que se dispoñan (parte médica, nome de testemuñas, pezas que portaba no momento dos feitos ou calquera outro vestixio).

Subir



Que atención e apoio profesional recibirán os menores?

A atención por parte dos axentes policiais será personalizada, respectuosa e preferente.

Dende o primeiro momento tomaranse as medidas para garantir a dignidade, a integridade física e moral do menor. Para iso ofreceráselle a atención médica e psicolóxica oportuna.

Protexerase ao menor a súa privacidade, intimidade, divulgación de datos persoais e de imaxes. Neste sentido a actuación do axente policial co menor será no lugar que non lle inspire receo, se é posible en lugar neutro ou mesmo no seu domicilio.

Informarase os seus representantes legais, titores ou gardadores do procedemento a seguir e sobre os dereitos xurídicos e asistenciais.

Dispoñerá, dos profesionais necesarios para o tipo de asistencia que precise, así como, de intérprete, en caso de ser necesario.

Subir



¿Cando pode solicitarse unha orden de protección?

Os representantes legais, titores e gardadores dos menores vítimas de abuso sexual poden solicitar no momento de presentación da denuncia nas dependencias policiais, a correspondente orde de protección contra o denunciado.

Coa orde de protección preténdese asegurar de forma preventiva o distanciamento físico entre a vítima e o agresor.


Página 1 de 1
1