Violencia de xénero

Nesta sección dáse resposta ás súas preguntas de cando e como actuar nos feitos de violencia de xénero, da atención que se presta ás vítimas e o apoio que se lles subministra. Igualmente infórmase de como solicitar unha orde de protección.Atención vítimas violencia de xénero

 

 

 


Cando e como debo denunciar

Os feitos de violencia doméstica nunca deben silenciarse. É moi importante denuncialos dende un primeiro momento para poder garantir maior protección ás vítimas.

Poderá denunciar os feitos a través de:

  • Chamada ao teléfono 062 (da Garda Civil).
  • Comunicación verbal ante os axentes que se encontran prestando servizo.
  • Declaración formal, presentándose nas dependencias policiais.

Para este mesmo fin, terá á súa disposición os teléfonos institucionais e autonómicos, como o 112 ou 016, que ofrecen tanto asesoramento xurídico como apoio asistencial.

Subir



¿Cando es vitima?

Considérase violencia de xénero, aquela que se exerce polos homes contra as mulleres, por parte dos que sexan ou fosen os seus cónxuxes ou dos que estean ou estivesen unidos a elas por relacións de análoga afectividade, aínda sen convivencia no momento de producirse os feitos.

Es vítima de violencia de xénero cando sexas obxecto de actos de violencia física e/ou psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade.

A violencia física comprende calquera tipo de violencia pola que o home provoque ou poida producir danos no corpo da muller (labazadas, malleiras, golpes, feridas, fracturas, etc.)

A violencia psíquica comprende aqueles actos ou condutas que producen desvaloración ou sufrimento nas mulleres (ameazas, humillacións, esixencia de obediencia, insultos, etc.)

A violencia sexual prodúcese sempre que se impón á muller unha relación sexual contra a súa vontade.

A violencia de xénero está definida legalmente no articulo 1º da Lei Orgánica 1/2004, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. Por esta Lei establécense medidas de protección integral cuxa finalidade é previr, sancionar e erradicar esta violencia e prestar asistencia ás súas vítimas.

Subir



¿Pasos a seguir despois de producirse os feitos?

Denunciar o antes posible os feitos ante os axentes policiais.

É recomendable achegar todos os medios de proba de que se dispoñan (parte médico, parte psicolóxico, nome de testemuñas, pezas que portaba no momento dos feitos).

É importante que non se cambie de roupa nin se lave, duche ou realice calquera acción que puidese dificultar a recollida de probas.

Subir



¿Que atención e apoio profesional reciben as vitimas?

A atención por parte dos axentes policiais será personalizada, respectuosa e preferente.

Dende o primeiro momento tomaranse as medidas para garantir a dignidade, a integridade física e moral da vítima. Para iso ofreceráselle a asistencia médica e psicolóxica oportuna.

Protexerase a súa privacidade, intimidade, divulgación de datos persoais e de imaxes. Desta forma nas dependencias policiais evitarase que a muller obxecto de malos tratos comparta espazo físico co seu presunto agresor, e na medida dos posible, manteráselle fóra da presenza doutros comparecentes nas devanditas dependencias.

Informaráselle do procedemento a seguir e sobre os dereitos xurídicos, asistenciais e axudas ás que pode optar. Tamén se lle informará da existencia de órganos públicos e privados de protección á muller.

Dispoñerá dos profesionais necesarios para o tipo de asistencia que precise, así como, de intérprete, en caso de ser necesario.

Unha vez presentada a denuncia, toda vítima ten:

  • Dereito á información e asesoramento axeitado á súa situación persoal, que comprenderá as medidas, relativas á súa protección e seguridade, e os dereitos e axudas previstos, así como o referente ao lugar de prestación dos servizos de atención, emerxencia, apoio e recuperación integral, previstos na Lei Orgánica 1/2004, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
  • Dereito a ser informada de forma inmediata, en todo momento da situación procesual na que se encontra o agresor, (tanto se esta ingresado nun centro penitenciario, como da data prevista da súa saída).
  • Dereito Asistencia Xurídica se acredita insuficiencia de recursos para litigar. Así mesmo ten dereito á defensa e representación gratuíta por avogado e procurador en todos os procesos e procedementos administrativos que teñan causa directa ou indirecta na violencia padecida.
  • Dereito Asistencia Social Integral, dos servizos sociais de atención, de emerxencia, de apoio e acollida e de recuperación. A asistencia implicará especialmente:
      Información.
      Atención psicolóxica.
      Apoio social.
      Seguimento das reclamacións dos seus dereitos.
      Apoio educativo á unidade familiar.
      Formación preventiva nos valores de igualdade dirixida ao seu desenvolvemento persoal e á adquisición de habilidades na resolución non violenta de conflitos.
      Apoio á formación e inserción laboral.
  • Dereitos Laborais e de Seguridade Social.
      Se é traballadora por conta allea, ten dereito, nos termos previstos no Estatuto dos Traballadores, á redución ou reordenación do seu tempo de traballo, á mobilidade xeográfica, ao cambio de centro de traballo, á suspensión da relación laboral con reserva de posto de traballo e á extinción do contrato de traballo.
      Se é traballadora por conta propia, no caso de cesamento na súa actividade para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, suspenderáselle a súa obriga de cotizar durante un período de seis meses, que lle serán considerados como de cotización efectiva para os efectos das prestacións de Seguridade Social e a súa situación se considerará como asimilada á alta.
      Se é funcionaria pública ten dereito á redución ou reordenación do seu tempo de traballo, á mobilidade xeográfica de centro de traballo e á excedencia nos termos establecidos na súa lexislación específica.
  • Dereito á percepción de Axudas Sociais. Cando careza de rendas superiores, en cómputo mensual, ao setenta e cinco por cento do Salario Mínimo Interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias, recibirá unha axuda de pagamento único, sempre que se presuma que, debido á súa idade, falta de preparación xeral ou especializada e circunstancias sociais, terá especiais dificultades para obter un emprego e, pola devandita circunstancia, non participará nos programas de emprego establecidos para a súa inserción profesional.

    O importe desta axuda será equivalente ao de seis meses de subsidio por desempleo. Cando tivese recoñecida oficialmente unha minusvalía en grao igual ou superior ao trinta e tres por cento, o importe será equivalente a doce meses de subsidio por desemprego.

    Se ten responsabilidades familiares, o importe poderá alcanzar o dun período equivalente ao de dezaoito meses de subsidio por desemprego, ou de vinte e catro meses se a vítima ou algún dos familiares que conviven con ela ten recoñecida oficialmente unha minusvalía en grao igual ou superior ao trinta e tres por cento.

  • Acceso á vivenda e residencias públicas para maiores, xa que é considerada dentro dos colectivos prioritarios no acceso a vivendas protexidas e residencias públicas para maiores, nos termos previstos na lexislación aplicable.

Estes dereitos están recollidos no Real Decreto 738/1997, do 23 de maio (BOE. núm. 126, de data 27-05-97), polo que se aproba o regulamento de axudas ás vítimas de delitos violentos e contra a Liberdade Sexual.

Ás testemuñas deste tipo de delitos, daráselles a protección establecida na Lei Orgánica 19/1994, sobre a protección a Testemuñas e Peritos en Causas Criminais, consistentes en:

  • Ocultar a identidade das testemuñas e peritos, o seu domicilio, profesión e lugar de traballo.
  • Utilizar un número ou clave para a súa recensión nas dilixencias policiais e xudiciais, de forma que non consten o seu nome, apelidos, domicilio, lugar de traballo e profesión, nin calquera outro dato que puidese servir para a identificación.
  • Comparecer para a práctica de calquera dilixencia utilizando procedementos que imposibiliten a súa identificación visual normal.
  • Fixar como domicilio, para os efectos de citacións e notificacións, a sede do Xulgado, o cal as fará chegar reservadamente ao seu destinatario.
  • Evitar que se lles fagan fotografías ou tomen a súa imaxe por calquera outro procedemento.
  • Ofrecer, se é o caso, protección policial.
  • Facilitarlles en casos excepcionais, documentos dunha nova identidade e medios económicos para cambiar a súa residencia ou lugar de traballo.
  • Ser conducidos logo de solicitude, ás dependencias xudiciais ou ao lugar onde houber de efectuarse algunha dilixencia ou ao seu domicilio en vehículos oficiais e durante o tempo que permanezan nas devanditas dependencias facilitaráselles un local reservado para o seu exclusivo uso, convenientemente custodiado por Forzas policiais.

Subir



¿Cando puede solicitar unha orde de protección?

Tras a comisión deste tipo delituoso, é posible solicitar, no momento de presentación da denuncia nas dependencias policiais, a correspondente orde de protección contra o denunciado.

Coa orde de protección preténdese asegurar de forma preventiva o distanciamento físico entre a vítima e o agresor.

A orde de protección poderá ser solicitada por:

  • A vítima.
  • Calquera persoa que teña coa vítima algunha relación de afectividade aínda sen convivencia, descendentes, ascendentes ou irmáns por natureza, adopción ou afinidade, propios, ou do cónxuxe ou conviviente, menores ou incapaces que con el convivan ou que se achen suxeitos á potestade, tutela, curadoría, acollemento ou garda de feito do cónxuxe ou conviviente, ou persoa amparada en calquera outra relación pola que se encontre integrada no núcleo da súa convivencia familiar, así como as persoas que pola súa especial vulnerabilidade se encontran sometidas a custodia ou garda en centros públicos ou privados.

Pode presentarse nos lugares seguintes:

  • Postos da Garda Civil.
  • Comisarías do Corpo Nacional de Policía.
  • Dependencias das Policías Autonómicas ou Locais.
  • No Xulgado ou Fiscalía.
  • Nas Oficinas de Atención á Vítima.
  • Nos Servizos Sociais ou Institucións Asistenciais das Administracións Públicas.
  • Nos Servizos de Orientación Xurídica dos Colexios de Avogados.

Solicitarase a través dun modelo normalizado, que existe en todas as dependencias relacionadas no punto anterior.

Subir


Página 1 de 1
1