Colaboración cidadá

Esta canle non atende denuncias, en caso de URXENCIA ou EMERXENCIA chame ao teléfono 062 ou 112.

 

Formas de colaboración ou participación dos cidadáns

  • Prestando axuda material ou persoal cando sexa necesario ou lles sexa requirido.
  • Mediante as comunicacións que dirixan e as informacións que participen á Garda Civil relacionadas coa seguridade cidadá.
  • Mediante a formulación de queixas e suxestións, conforme ao previsto nesta Carta.
  • A través das Xuntas de Seguridade constituídas.
  • Mediante a participación en Consellos, Mesas, Seminarios ou Foros de debate.
  • Mediante a expresión das súas opinións nas enquisas que se realicen.
  • A través das actividades sociais que favorezan a integración e a convivencia.