Probas para as licenzas de armas

Licenzas D, E e AEM

Para obter a licenza para a tenza e o uso das armas longas raiadas para caza maior ou de escopetas e armas asimiladas, o artigo 102.2 do Regulamento de armas establece a esixencia de superar as probas de capacitación que determina o Ministerio do Interior sobre:
  • Coñecemento das armas, o seu coidado e conservación (proba teórica).
  • Coñecemento do Regulamento de armas (proba teórica).
  • Habilidade para o manexo das armas e a súa utilización (proba práctica).
 

 



Licenzas C

O exame para a obtención da licenza tipo C ten tres probas eliminatorias, que se realizarán pola seguinte orde:
  • Proba de coñecemento técnico das armas do persoal de seguridade privada.
  • Exercicio práctico de tiro con revolver (vixilantes de seguridade e vixilantes de explosivos) ou carabina (gardas particulares campo).
  • Exercicio escrito sobre a normativa específica do aspirante (vixilante de seguridade, vixilante de explosivos ou garda particular do campo), o Regulamento de Armas e o coñecemento das armas regulamentarias. 
 

 



Información en detalle sobre as probas para a obtención das licenzas C, D, E e AEM

Seleccione a opción sobre a que desexe obter máis información:


Página 1 de 1
1