A Constitución establece no seu artigo 104 que é misión dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado "protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá".
Como desenvolvemento deste artigo, a Lei Orgánica 2/86, de Forzas e Corpos de Seguridade, define as competencias funcionais e territoriais dos diferentes Corpos de Seguridade do Estado.
Ademais das competencias correspondentes ás diferentes Policías autonómicas, territorialmente, no ámbito da seguridade cidadá, ao Corpo Nacional de Policía correspóndelle exercer as súas funcións nas capitais de provincia e naqueles núcleos urbanos que o Goberno determine. A Garda Civil é responsable no resto do territorio nacional e no mar territorial.
Funcionalmente, corresponde ao Corpo Nacional de Policía a responsabilidade do control dos estranxeiros, D.N.I. e pasaportes, do xogo e da seguridade privada.
A Garda Civil debe velar con exclusividade polo control das armas e explosivos; o Resgardo Fiscal do Estado; o tráfico interurbano, salvo naquelas Comunidades Autónomas que o teñan asumido; a custodia das vías de comunicacións, portos e aeroportos e a protección da natureza.
No cumprimento destas misións, a Garda Civil ten unha dependencia directa de diferentes ministerios e organismos.
Como Policía Xudicial, depende dos Xuíces, Tribunais e Ministerio Fiscal. Como Resgardo Fiscal do Estado, do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
En calidade de Policía Administrativa dedicada ás funcións de protección da natureza co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e en materia de tráfico e seguridade coa Dirección Xeral de Tráfico.
En xeral, a Garda Civil vela pola aplicación de todas as leis e regulamentos, sexan estatais, autonómicos ou locais, denunciando calquera infracción á Administración correspondente
Como un dos compoñentes fundamentais das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, a Garda Civil ten a misión de protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá mediante o desempeño das seguintes funcións ou misións xenéricas:
A estas tarefas, coñecidas dende sempre como servizo peculiar do Corpo, dedícase un total de 46.000 axentes, o que supón practicamente o 62% de total do persoal
Ás especialidades de todo tipo, é dicir aos Servizos responsables do desenvolvemento das misións exclusivas da Garda Civil, dedícanse 25.000 especialistas, un 34%; estando o resto empregado en tarefas de mando e de xestión.
Con carácter exclusivo, a Garda Civil ten as seguintes competencias:
Así mesmo, poderá desempeñar misións de carácter militar baixo dependencia do Ministerio de Defensa.