A Garda Civil é un Corpo de Seguridade do Estado que, de acordo coa Constitución, ten asignada como misión xenérica a "protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá". Esta misión materialízase garantindo a seguridade pública e asistindo aos cidadáns, intentando ofrecer unha resposta policial eficaz e solvente que contribúa á sensación de seguridade.
Neste marco, os cidadáns serán atendidos en todas as ocasións que así o requiran, comprendendo a asistencia por feitos:
A Garda Civil velará polo cumprimento da Leis, auxiliará e protexerá as persoas e asegurará a conservación e custodia dos bens que se encontren en perigo por calquera causa, vixiará e protexerá edificios e instalacións públicas, velará pola protección e seguridade das altas personalidades, manterá a orde e seguridade cidadá, previrá a comisión de actos delituosos, investigará os delitos para descubrir e deter os culpables e colaborará cos servizos de protección civil nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública.
Corresponde ao Corpo Nacional de Policía exercitar estas funcións nas capitais de provincia e termos municipais e núcleos urbanos determinados polo Goberno, exercéndoas a Garda Civil no resto do territorio nacional e o mar territorial. En referencia á competencia territorial, hai que engadir a existencia de policías autonómicas e locais, que teñen asignadas de forma expresa determinadas funcións policiais no seu ámbito territorial.
Así mesmo, no marco das funcións encomendadas polo vixente marco xurídico ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, a Garda Civil ten asignadas competencias exclusivas:
Non obstante, as Forzas e Corpos de Seguridade están obrigados á cooperación recíproca no desempeño do seu labor, colaborando e informándose entre elas e coordinándose entre si. Ademais, segundo a sentenza da Sección Quinta da Sala Terceira, do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo; "... non existen separacións estancas e puras [... de competencias exclusivas entre Forzas e Corpos de Seguridade...] " polo que se poderá recorrer á Garda Civil non só no seu ámbito territorial e competencial exclusivo senón en todo momento en que sexa preciso, posto que a propia Institución realizará as actuacións necesarias ou derivaraas a outras Forzas e Corpos de Seguridade se fose necesario, sendo atendido ata o momento no que o Corpo competente se encontre en disposición de facelo.