Epígolo

Na actualidade a Garda Civil, composta por máis de 82.000 mulleres e homes, prosegue adaptándose aos tempos para facer fronte ás ameazas existentes, nun continuo proceso de especialización e modernización pero tendo presentes os valores que lle dan a súa identidade.

A historia da Garda Civil é un reflexo da historia de España e, como a da nosa nación, non está libre de luces e de sombras, pero é a historia dunha Institución que se caracterizou pola súa lealdade ao Goberno, o servizo ao pobo e o cumprimento do deber, para o que non dubidou en sacrificar as vidas dos seus membros. Unha Institución á que os españois confiamos a seguridade das nosas persoas, os nosos camiños e os nosos bens dende hai 166 anos.