Nesta sección poderá obter información dos gardas civís adicados especificamente á seguridade viaria. En concreto sobre a creación e antecedentes, a misión xeral e os labores fundamentais, a organización e estrutura, así como o despregamento territorial das Unidades da Agrupación de Tráfico.
O 10 de abril de 1845, un ano despois da creación da Garda Civil, o propio Duque de Ahumada, o seu fundador, expresou nunha circular interna a súa preocupación pola vixilancia dos Camiños Reais.
Mediante Decreto do 22 de febreiro de 1929, do Ministerio de Obras Públicas, creouse o Corpo de Vixilantes de Camiños, con misións sobre Circulación, Transporte e Policía de Estradas.
Despois de varios antecedentes normativos, en 1934 promulgouse o primeiro Código da Circulación, que constituíu o texto legal regulador de todo o concernente ao tráfico rodado.
Por Lei do 8 de marzo de 1941 creouse un novo Corpo, denominado Policía Armada e de Tráfico e suprimiuse o Corpo de Vixilantes de Camiños.
Na década de 1950, iníciase en España o "boom" automobilístico e faise necesario dispoñer dunhas forzas especificamente dedicadas á vixilancia da circulación.
A Lei 47/1959 do 30 de xullo, sobre regulación da competencia en materia de tráfico no territorio nacional, atribúe a función de vixilancia de estradas e vías públicas ao Corpo da Garda Civil. Consecuentemente a Dirección Xeral, mediante Orde Xeral n.º 32 de data 26 de agosto de 1959, crea a Agrupación de Tráfico da Garda Civil.
A Agrupación de Tráfico ten como misión a vixilancia, regulación, auxilio e control do tráfico e do transporte, así como garantir a seguridade da circulación nas vías interurbanas.
Esta misión tradúcese en:
O Órgano Central da Agrupación de Tráfico conta para desempeñar o seu labor coa Xefatura de Operacións, de Recursos Humanos e de Recursos Materiais. Dispón ademais da Escola de Tráfico, encargada de formar o persoal que debe prestar o seu servizo na Agrupación.
Exceptuando en Cataluña e o País Vasco, onde as competencias en materia de tráfico están transferidas ás respectivas Comunidades Autónomas, as Unidades da Agrupación de Tráfico despréganse na seguinte escala: